sábado, 30 de enero de 2010

Baltar sucede a Baltar

Parece que falamos de mornaquía, o fillo sucede ao pai.
Esto pasou hoxe en Ourense, no congreso provincial do PP de Galicia.
Aínda que os dirixentes deste "partido" digan que están máis unidos que nunca, a realidade é outra.
Morán era o cantidato oficialista, que representaba ao actual goberno de Feijoo, e Baltar Blanco, o cantidato dos da boina.
Que pasará agora en Ourense? Temos que recordar que fai uns anos houbo unha ameaza de ruptura no PP ourensán, predido por Baltar ata o día de hoxe...
Bueno, como sempre que está o PP polo medio, nada cambia e todo vai a peor, as cousas, coma sempre, seguirán igual.

jueves, 28 de enero de 2010

Mario Benedetti

Defender la alegría como una trinchera
defenderla del escándalo y la rutina
de la miseria y los miserables
de las ausencias transitorias
y las definitivas

defender la alegría como un principio
defenderla del pasmo y las pesadillas
de los neutrales y de los neutrones
de las dulces infamias
y los graves diagnósticos

defender la alegría como una bandera
defenderla del rayo y la melancolía
de los ingenuos y de los canallas
de la retórica y los paros cardiacos
de las endemias y las academias

defender la alegría como un destino
defenderla del fuego y de los bomberos
de los suicidas y los homicidas
de las vacaciones y del agobio
de la obligación de estar alegres

defender la alegría como una certeza
defenderla del óxido y la roña
de la famosa pátina del tiempo
del relente y del oportunismo
de los proxenetas de la risa

defender la alegría como un derecho
defenderla de dios y del invierno
de las mayúsculas y de la muerte
de los apellidos y las lástimas
del azar
y también de la alegría.


Mario Benedetti, Cotidianas (1978-1979)

381 escritores súmanse contra Varela

381 escritores que recibiron un Premio Nacional, sumáronse contra o Conselleiro de Cultura.
É paradóxico que un Conselleiro se refira á cultura galega como unha limitación.
Pedimos a súa dimisión porque un conselleiro que menosprecia a súa cultura non é nin boa persoa nin bó político.
O único que está a facer este novo goberno é menospreciar a nosa lingua e a nosa cultura, ademáis de facer políticas ultradereitistas e un goberno que actúa de costas á sociedade galega.

domingo, 24 de enero de 2010

Pontevedra, camiño a ser cidade Slow

Dentro de uns días Pontevedra estará máis cerda de ser unha das chamas Cidades Slow, onde as persoas son o importante, facendo que a máxima velocidade para os vehiculos sexa a 30 km/h.
Non só será nas vías urbanas, senón que tamén nas interurbanas e nos accesos á cidade, isto fará que a cidade sexa, unha vez máis, unha cidade da xente, e non dos coches, como ocorría antes en Pontevedra.
Deixovos aquí as pautas básicas para acadar un día Slow:

Concedete un día Slow

* Ao levantarche dedícache un tempo a almorzar tranquilo e visionar o día que tes por diante.
* Practica un hobbie sosegado.. Pescar, pintar, plantar; pero trata de facer unha soa cousa á vez.
* Come amodo. Goza da soidade ou dunha conversación si estas con máis xente.
* Feixe unha sesta e tómache unha hora extra na cama, merécescho.
* Escribe calquera cousa. Mergúllache no día que tiveches
* Sal de casa e practica a nobre arte do dolce fare niente. Le un xornal, observa as fachadas..
* Cea un menú con alto contido en froitas e verduras.
* Lée un libro na cama, abandónache aos teus pensamentos e flúe.

jueves, 21 de enero de 2010

60.000 persoas acuden á folga


Hoxe 60.000 profesores e alumnos acudimos á folga convocada pola plataforma Queremos Galego, ás 11 e media da mañá en Santiago de Compostela.
A comitiva saiu da Alameda de Santiago pasadas as 11 e media, e chegamos sobre as 12 e media á Praza do Obradoiro, onde Anxo Louzao e Carlos Callón leron o manifesto final.
Miles de persoas berrámoslle a Vázquez, Feijoo e Lorenzo que si que QUEREMOS GALEGO

martes, 19 de enero de 2010

Charla no IES Xunqueira II

Hoxe, tivo lugar no IES Xunqueira II, unha charla sobre a folga que terá lugar pasado mañá.
Nesta charla comentamos os aspectos máis importantes do novo decreto, a parte de dar material como carteis, pegatinas, volantinas...
Tamén colocamos en diferentes puntos de Pontevedra, como no IES Valle Inclán, Xunqueira II, Xunqueira I, o 5º e o Sánchez Cantón, carteis e faixas informativas.

sábado, 16 de enero de 2010

Feijoo reúnese cos galegófogos

A Consellería de Educación iniciará este luns o trámite de audiencia con grupos políticos, sindicatos, asociacións de pais e outros organismos co fin de recoller “aportacións” sobre o novo decreto do galego no ensino. Non obstante, na nota que onte remitiu o departamento que dirixe Jesús Vázquez destaca o feito de que se entrevistará con dúas organizacións en contra da normalización do idioma propio de Galicia como Galicia Bilingüe e a Mesa por la Libertad Lingüística, mentres que, no bando dos grupos a prol do galego, só se atopa a Mesa Pola Normalización Lingüística.

Ningunha das plataformas a prol do ensino en galego foi invitada a esta rolda de encontros. Nin Queremos Galego, nin Galego Patrimonio da Humanidade, Prolingua ou Galego Sempre Máis. Para o presidente da Mesa Pola Normalización, Carlos Callón, “isto é unha imaxe clara de que o PP non ten ningún apoio e por iso debe recurrir a grupos galegófobos que o apoien”. Para Callón, “se un busca extremista no diccionario o que atopa é unha foto dos da Mesa por la Libertad”. “Non sei porque non se lles ocorreu tamén convocar á Falanxe, que a moitos xa os coñecen de aguantar a bandeira contra o galego nunha manifestación que se fixo en febreiro do ano pasado”, asevera.

“A nós convocáronnos o martes ás sete e media da tarde, supoño que o que queren é seguir o mesmo sistema que cando Feijóo presentou o borrador no Consello da Xunta. Queren facelo tarde para que non teña moita repercusión nos medios”, conta o filólogo.

Ademáis dos portavoces do PP, PSOE e BNG, a Xunta recibirá aos representantes da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, ademais dos portavoces de sindicatos como CIG-Ensino, UGT, Anpe Galicia, CSIF, FSIE, USO e STEG. Igualmente haberá reunións con representante de anpas de colexios públicos e privados, cos equipos de normalización e cos editores.

Á espera de que comecen as reunións, unha xornada máis, o PP semella quedar só na defensa política deste chamado “decreto do plurilingüismo”. Así, en senllas roldas de prensa acontecidas onte, PSOE e BNG rexeitaron, de novo, as bases deste decreto. O nacionalista Carlos Aymerich declarou “só hai unha solución que pasa polo consenso do Plan Xeral de Normalización e pola Lei de Normalización”. Así, deulle un recado a Feijóo: “Deixe de camiñar da man dos extremistas e volva ao consenso do que nunca debeu ter saído”.“Hai un clamor para que este texto non pase de ser un borrador”, manifestou o portavoz parlamentario dos socialistas galegos, Xaquín Fernández Leiceaga, quen insistou en que o PSdeG “ten unha postura clara contra o decreto, que é todo o contrario do que debería terse feito”.

As críticas dos socialistas fan especial dano ao PP. Onte, o seu portavoz, Antonio Rodríguez Miranda, retou ao secretario xeral do PSdeG, Manuel Pachi Vázquez, a “elixir entre parecerse a José Montilla, quen se misturou con nacionalistas extremistas para impoñer o catalán” ou ao lehendakari Patxi López.

sábado, 9 de enero de 2010

Os coches de Feijoo

A xunta acaba de comprar cinco novos coches, por se non chegaran os que teñen en San Caetano.
Se iso fora pouco, Feijoo mercou dous coches máis para o seu servizo como Presidente da Xunta.
O novo goberno, no seu plan de austeridade, sinalou que "sobran" coches do bipartito.
Moito criticou o PP ao anterior goberno por gastar diñeiro en coches de luxo e cousas pouco necesarias, cando eles o gastan en comprar aínda máis cousas e en darlle o diñeiro aos seus "amigos"

Señor Feijoo, que non sabe mentir...

jueves, 7 de enero de 2010

Ildefonso Falcones

Despois de ler no ano 2007 a Catedral do Mar, un libro apasionante que conta a historia da Barcelona medieval, comezo o novo libro de Ildefonso Falcones, logo da súa gran fama, acadada co seu primeiro libro, que conseguiu vender máis de catro millóns de copias.
Aquí deixovos a sinopse deste novo libro:

A man de Fátima Ildefonso Falcones de Sierra
O libro relata a apaixonante historia dun mozo morisco na Andalucía do século XVI, atrapado entre dúas relixións e dous amores, en busca da súa liberdade e a do seu pobo. Un relato emocionante que pretende reflectir a traxedia do pobo morisco, agora que se cumpre, en 2009, o cuarto centenario da súa expulsión de España. Unha novela que nos relata a vida e aventuras dun mozo fronteirizo e namorado que nunca se resignou á derrota e loitou pola convivencia das relixións cristiá e musulmá. Ildefonso Falcones arrastra ao lector nun fascinante percorrido por escenarios como as agrestes montañas das Alpujarras -e a guerra que nelas se librou-, así como pola impoñente Córdoba, a antiga cidade califal: coa súa mesquita catedral, a súa vella medina, as súas rúas e o seu bulicio. Unha novela na que os lectores da catedral do mar atoparán a mesma fidelidade histórica, así como un apaixonado relato de amor e odio que arrastra ao seu protagonista polos camiños da aventura.

O que UGT dí sobre o decreto

Consideramos este borrador confuso no fondo e impresentable na forma.

Confuso porque trata de mesturar para confundir, instrumentalizando termos como “plurilingüismo” para debilitar aínda máis a nosa lingua que xa está nunha posición feble.

Porque traslada ós pais e nais decisións que corresponden á Administración Educativa. Este proceso de consulta é totalmente antipedagóxico, inasumible didacticamente e imposible de levar á práctica nos centros.

Que provocaría un conflito de dimensións incalculables, que parece feito por persoas que non viven as tarefas diarias da escola.

Confunde a terminoloxía e comete erros de vulto. Non existen os directores de departamento (nomenclatura universitaria) e na FP non existe nin departamento nin materia de inglés nos títulos LOE (agás determinados ciclos como turismo, comercio internacional, comercio e marketing e outros)

Non concreta e polo tanto confunde con termos como “equilibrio lingüístico”.

MANIPULA E ENGANA.

No apartado de consideracións previas ou preámbulo trata de copiar o que establece o 124/2007, pero inserta interesadamente un inexistente perigo de cambio de modelo de conxunción das linguas e cara a un modelo de inmersión. Chega a citar o informe do Consello Consultivo feito no seu día sobre o borrador do 124, que parece ser foi declarado non conforme a dereito. Sabendo que este borrador foi modificado precisamente para seguir as recomendacións do Consello Consultivo.
Se este decreto regula o uso e aplicación do galego no ensino, non ten por que enredar co plurilingüismo, pois o profesorado sabe como se debe aplicar sen prexuízo nin da outra lingua oficial nin do idioma estranxeiro.


A demagoxia tamén aflora neste borrador con bastante frecuencia, apélase á liberdade de expresión e uso dos idiomas cando sabemos que non existe ningún problema neste campo.


Quérese eliminar a normalización do galego, cando sabemos que a lei que o defende chámase de Normalización Lingüística, que está asentada e asumida por toda a sociedade galega. Tenta cambiarlle o nome ós equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros para deixalos só como de dinamización, cando sabemos que dinamizar si pero o obxectivo debe ser normalizar.

Chega a ditar normas para o concurso de traslados do profesorado cando se trata de corpos estatais con normas procedimentais que solucionan e garanten as condicións de participación, tamén en relación co perfil lingüístico.


RETROCESO.

Estritamente a lingua galega retrocede en porcentaxe mínima de presencia no currículo do ensino obrigatorio. Ten moitas posibilidades de quedarse neste mínimo en moitos centros que precisarían dun plus e dunha discriminación positiva para que progresivamente a lingua galega chegara ós niveis de competencia en igualdade co castelán.

CONCLUSIÓN.

Que estas bases, das que non sabemos se son realmente o borrador do decreto ou non, constitúen unha especie de “parto dos montes” que alumbraron un rato.


O avance e consolidación da nosa lingua non é responsabilidade exclusiva da escola. A escola debe ser o berce da lingua pero a sociedade e as institucións que a representan teñen o deber e o dereito de procurar, potenciar e facer posible a boa saúde do galego.


Con todo respecto para a RAG, o Consello da Cultura Galega, o Parlamento e outras institucións, convén recordar que o órgano que representa á comunidade escolar de Galicia é o Consello Escolar de Galicia, que terá que pronunciarse sobre este borrador e emitir o preceptivo ditame. E o órgano que representa ó profesorado é a Mesa Sectorial de Educación e a Comisión Tripartita do Ensino Concertado. Estas mesas de negociación tamén terán que debater e pronunciarse sobre este chamado borrador de bases.

Por último lembrar que a disposición adicional 3ª do decreto 124 xa prevé a posibilidade de centros trilingües, aceptando a diminución proporcional no horario correspondente para as linguas galega e castelán.


Este debería ser o verdadeiro camiño a seguir para chegar a proxectos lingüísticos adecuados e equilibrados nos centros escolares.

Demandamos unha rectificación na Administración Educativa que nos
leve a potenciar o galego no ensino para acadar competencias en igualdade de condicións co castelán e avanzar cara a adquisición de competencias adecuadas tamén no idioma estranxeiro.

Esperamos unidade dos axentes educativos e da comunidade escolar, lonxe de extremismos e imposicións, para reconducir esta situación escapando do conflito permanente.

Santiago de Compostela, 05 de xaneiro de 2010. UGT

Parodia a Feijoo

O que Galicia Biligüe "pensa"

Galicia Bilingüe sinala que o novo borrador do decreto do galego só é suavizar a política lingüística do bipartito.
Vemos totalmente absurdo que esta asociación nacida do sector máis ultradereitista do Partido Popular tome a palabra nun asunto no que o único que vai facer é enfrentar a os galegos e galegas e a decir estupideces como que hai imposición do galego ou como que o castelán está en perigo.
O único que pretende esta "asociación" si se pode chamar así, pois está en contra do que o Estatuto de Autonomía de Galicia dí sobre o galego, e da Lei de Normalización Lingüística, cando fala da PROTECCIÓN DO GALEGO.
É demagoxia dicir que o galego non está en perigo, e que hai imposición en Galiza cando eles mesmos saben que é totalmente mentira.
Señora Gloria Lago, deixe de meterse en cousas que non lle chaman e deixe de dicir mentiras.