miércoles, 29 de septiembre de 2010

ÉXITO DA CIG NA FOLGA XERAL

A Confederación Intersindical Galega avalía como un éxito rotundo a folga xeral convocada pola central sindical en Galiza este mércores 29 de setembro. Suso Seixo, secretario xeral, considera que se acadou unha participación similar á da folga xeral de 2002, superada en comarcas como Vigo, onde se superou amplamente o 80 por cento. Nas manifestacións convocadas pola central sindical, celebradas en todas as cidades e en numerosas vilas do país, a participación chegou ás 80.000 persoas. A marcha máis numerosa foi a de Vigo, onde a participación superou os 40.000 asistentes.

Na manifestación da Coruña participaron unhas 10.000 persoas; en Compostela 5.000; en Ferrol 5.000; 4.000 en Ourense, 3.000 en Pontevedra; 2.000 en Lugo; outras 2.000 en Vilagarcía e máis de 400 en Noia. En Cee xuntáronse arredor de 350 persoas na concentración convocada e en Foz, onde a protesta se desenvolveu pola tarde, participaron unhas 300 persoas.

A CIG considera de especial relevancia a incidencia da folga xeral na industria onde se superou ao igual que na construción o 75 por cento, cos polígonos industrias e as principais empresas do país paralizadas. Canto á limpeza viaria, a central sindical cifra nun 100% a incidencia da folga e entre un 80 e un 90 por cento no transporte de viaxeiros. Respecto do transporte escolar a central sindical salienta que só funcionaron os servizos mínimos.

En Ensino universitario, as tres universidades estiveron practicamente paralizadas. Canto ao ensino non universitario a incidencia da folga xeral foi superior ao 50%.

Na Banca, nas cidades o paro foi secundado por entre o 60 e o 70% e na administracións públicas rondou o 50%, aínda que a incidencia foi maior nos servizos centrais e periféricos da Xunta de Galiza onde se acadou o 65%. En concellos como o de Santiago estas cifras foron amplamente superadas acadándose o 90%.

Máis de 40.000 persoas en Vigo

A manifestación principal da CIG tivo lugar en Vigo e nela participou o secretario xeral da central, Suso Seixo. A marcha partiu pasadas as 12 do mediodía do cruce da Doblada e rematou na Porta do Sol máis de dúas horas despois. Á cabeza da mobilización unha faixa co lema “Outro modelo económico e social é posíbel. Non á nova reforma laboral” abría o paso a milleiros e milleiros de persoas que amosaron coa súa multitudinaria presenza o apoio ás reivindicacións do sindicato.

Ao remate da mobilización tomou a palabra en primeiro lugar o secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero, quen animou a todos/as os presentes a mostrar o seu rexeitamento ás últimas medidas adoptadas polo Goberno español. Otero salientou o rotundo éxito das convocatorias de folga e manifestacións en toda Galiza a pesar da campaña de difamación dos poderes dominantes e repasou por enriba os principais ataques aos dereitos dos traballadores/as que contén.

Pola súa banda, o secretario xeral do sindicato nacionalista cualificou de exemplo de “combatividade, compromiso e dignidade” a presenza de milleiros de persoas nas rúas de Vigo “defendendo os nosos dereitos como clase e demostrándolle ao capital, ao PSOE e ao PP que non imos agochar a cabeza mentres recortan os nosos dereitos”. Incidiu en que a nova reforma laboral, o recorte dos salarios dos empregados/as públicos, a conxelación das pensións para 2011, o recorte do gasto público e as reformas pendentes como a das pensións, negociación colectiva ou prestacións por desemprego son razóns suficientes para convocar a folga xeral.

Seixo lembrou tamén durante a súa intervención que dende o primeiro momento d crise económica a CIG chamou á mobilización para esixir “reformas estruturais profundas que levasen a un cambio radical do actual modelo de capitalismo neoliberal na procura dun novo modelo económico e social máis xusto, solidario e democrático”. Neste senso, fixo fincapé en que a clase traballadora non é a responsábel da crise “pero pretenden que sexa quen a pague, mentres os culpábeis (bancos, grandes fortunas e especuladores) seguen a recibir apoios a pesar de obter enormes beneficios en plena crise”.

Finalmente, apostou por acadar maiores cotas de soberanía nacional para poder aplicar políticas propias que permitan superar a actual situación económica e animou a todos/as os presentes a prepararse “para unha dura loita a medio e longo prazo na que esta é a primeira folga xeral, aínda que non descartamos ter que convocar máis”.

lunes, 27 de septiembre de 2010

110 camións participan nunha caravana en contra do Decreto do Carbón

Uns 110 camións participaron o pasado sábado 24 de setembro na caravana organizada pola CIG, a USTG, o BNG e o Concello de San Sadurniño en contra da aplicación do Decreto do Carbón e a paralización da actividade nas térmicas galegas. A marcha partiu pouco despois das 10:30 horas dende As Pontes con destino ao Porto de Ferrol, colapsando durante máis de tres horas a estrada que une ambos Concellos.

A marcha convocada o sábado pasado contra o Decreto do Carón revelouse como un éxito absoluto ao contar coa participación de máis de 100 camións e arredor de 70 vehículos de particulares, que colapsaron durante máis de tres horas os corenta quilómetros da estrada que une As Pontes e Ferrol.

Coa mobilización, convocada pola Plataforma na Defensa da Produción eléctrica, que veñen de constituír a CIG, BNG, USTG, asociacións de camioneiros e o Concello de San Sadurniño, quérese denunciar as consecuencias que a aplicación do Decreto do Carbón, que aínda non entrou en vigor á espera da resolución da Unión Europea, terá para a produción enerxética galega ao permanecer paralizada cando menos até o ano 2014.

A través da marcha pretendíase amosar ao goberno estatal o rexeitamento social que existe contra decreto do carbón, xa que se está pondo en perigo a continuidade de máis de 2.000 postos de traballo, tanto directos como dos servizos relacionadas coa actividade das térmicas galegas (carga e descarga de carbón, transporte, mantemento, limpeza, talleres, hostalería e un largo etc.), co único obxectivo de garantir a cota de mercado para a produción enerxética dun grupo de centrais españolas.

Ao remate da caravana no peirao de Ferrol, o alcalde de San Sadurniño foi o responsábel de dar lectura a un manifesto en contra do decreto, no que reclamou que se mude o texto da nova normativa para garantir a continuidade dos postos de traballo e evitar un novo Astano para a comarca.

sábado, 25 de septiembre de 2010

28 anos de historia do BNG

1982. O Bloque Nacionalista Galego fúndase en setembro de 1982. A Asemblea fundacional celébrase nos días 25 e 26 de setembro participando nela diversas organizacións e colectivos nacionalistas (AN-PG, UPG, PSG, independentes...)
A fundación prodúcese nun contexto sociopolítico fondamente hostil para o nacionalismo galego sendo o exemplo máis claro a expulsión do Parlamento de Galiza dos deputados da coalición BNPG/PSG en novembro de 1982 pola defensa democrática dos principios que sustentaban o proxecto político nacionalista.

1983. Un grupo de militantes do PSG constitúen o Colectivo Socialista permanecendo no BNG fronte á decisión da dirección do partido de abandonalo.
A loita contra a OTAN e as agresións ecolóxicas que sofre Galiza (vertidos radiactivos fosa atlántica) sitúanse como o referente principal da actividade organizativa.
En abril celébranse eleccións locais, as primeiras ás que concorre o BNG, obtendo 50.491 votos e 117 concelleiros/as.
A histórica manifestación do Día da Patria Galega (25 de Xullo) culmina cunha masiva sentada de protesta contra a prohibición gobernativa de acceder ao casco histórico. Despois de cinco horas, a concentración é disolta cunha violenta carga policial. Este suceso manifesta ás claras a hostilidade na que se ten que desenvolver o nacionalismo galego.

1984. En decembro ten lugar a IIª Asemblea Nacional en Santiago de Compostela. Nesta Asemblea defínese a posición do BNG en aspectos fundamentais do seu proxecto político como o ecoloxismo, o feminismo, o ensino, a lingua, a cultura,…
Ao longo deste ano o BNG desenvolve unha inxente actividade contra o desmantelamento industrial provocado pola política de "reconversión", participando activamente nas tres folgas xerais que teñen lugar na Galiza.
O BNG desenvolveu accións de protesta contra a apropiación e manipulación dos restos mortais de Castelao recibindo como resposta unha dura represión policial. O recordo do político nacionalista foi o motivo do Día da Patria Galega, xornada na que o nacionalismo volve acceder ao recinto histórico de Compostela despois de anos de prohibición.

1985. O BNG, en consonancia co principio pacifista, promove novas marchas e mobilizacións contra a OTAN.
O BNG participa na constitución da Conferencia de Organizacións de Nacións Sen Estado da Europa Occidental (CONSEO).
Nas eleccións autonómicas de novembro o BNG obtén 53.072 votos, resultando elixido deputado Xosé Manuel Beiras Torrado.
Os resultados electorais culminan unha etapa de debate interno que desemboca na celebración dunha Asemblea Extraordinaria en Santiago o 15 de decembro, na que o BNG rectifica a súa táctica política a respecto da esixencia regulamentaria de acatar a Constitución para acceder ao Parlamento. Esta rectificación convértese nun paso fundamental para o desenvolvemento do BNG no seu obxectivo de defender os intereses de Galiza.

1986. En marzo celébrase o Referendo sobre a permanencia na OTAN, no que o BNG fai campaña a favor do non.
Nas eleccións xerais de xuño de 1986 o BNG obtén 27.049 sufraxios.
O BNG ante os actos oficiais de celebración do cincuentenario do plebiscito do Estatuto de 1936, unha vez máis obxecto de manipulación, responde con actos e mobilizacións a favor do dereito á autodeterminación.

1987. Nos días 7 e 8 de febreiro ten lugar en O Carballiño a III Asemblea Nacional. A militancia aproba os mecanismos que permitirán a actualización das tácticas e das formas de traballo político iniciando o proceso de apertura da Fronte á sociedade galega.
No marco dos actos da Mesa Pola Normalización Lingüística en defensa do idioma galego o BNG presenta a nova imaxe corporativa.
Ante as eleccións europeas de 1987, o BNG acredita na necesidade de configurar unha candidatura nacionalista unitaria para levar a voz de Galiza a Europa. As conversas entre as formacións nacionalistas non frutifican quedando o BNG como a única candidatura galega. No contexto das eleccións europeas o PCLN sitúase fóra do BNG pola decisión de apoiar a candidatura de HB vulnerando os acordos do Consello Nacional do BNG.
En xuño celébranse conxuntamente as eleccións europeas e as municipais, o BNG obtén 53.116 votos nas primeiras e 61.256 e 139 concelleiros/as nas segundas. Con estes resultados o BNG convértese na primeira organización nacionalista en número de votos.
Ante a crise que atravesan as institucións galegas, o BNG presenta en setembro un Proxecto de Lei de medidas urxentes para o desenvolvemento económico, político, social e cultural de Galiza. Este proxecto, coñecido como Lei de Bases, configúrase na estrutura sobre a que se vai edificar o programa do Bloque no marco político vixente.

1988. En xullo créase a organización xuvenil nacionalista Galiza Nova que pasa a integrarse no BNG.
Ante a vaga de lumes que asolaga Galiza, o BNG impulsa, xunto con diversas asociacións e colectivos ecoloxistas, a primeira iniciativa lexislativa popular que xorde en Galiza co obxecto de defender o patrimonio forestal galego.
A celebración do 25 de Xullo ten lugar este ano co slogan "Proxecto común", que sintetiza a liña de renovación e integración impulsada pola IIIª Asemblea Nacional.
A convocatoria das eleccións europeas para 1989 xera por parte do BNG unha iniciativa, en réxime de autoconvocatoria, para configurar un pacto político de concorrencia conxunta no que teñan cabida todas as forzas autóctonas. As diferentes estratexias políticas sitúanse por riba da defensa de Galiza provocando o fracaso da proposta.

1989. En febreiro ten lugar a IV Asemblea Nacional en Lugo. Os debates asemblearios céntranse na configuración dunha estratexia política ante a crise na que está sumida Galiza. O BNG decide presentar candidato á Presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas en consecuencia coa nova estratexia política aprobada en O Carballiño.
En xuño teñen lugar as segundas eleccións ao Parlamento Europeo, nas que o BNG, como única candidatura galega, reforza a súa posición como a primeira forza dentro do nacionalismo con 46.052 votos.
A hostilidade fronte ao nacionalismo segue vixente manifestándose no enxuizamento do dirixente Francisco Rodríguez por uns feitos acaecidos en 1984 e carentes de fundamento.
En outubro celébranse eleccións xerais anticipadas nas que o BNG obtén 47.763 votos.
Nas eleccións autonómicas de decembro o Bloque convértese na terceira forza no Parlamento de Galiza con 105.703 votos e cinco deputados/as, conformando grupo parlamentar propio.

1990. En xuño a Comisión Permanente fai público o documento "Análise do BNG perante a situación económica de Galiza" no que se analiza a realidade galega e se considera imprescindíbel a unidade do nacionalismo galego en torno a uns principios básicos.
O slogan “Entre todos” preside o Día da Patria no que participa por primeira vez o PNG-PG.

1991. En xaneiro celébrase en Vigo a V Asemblea Nacional. Asínase o protocolo de integración de Galiza Nova no BNG.
En maio teñen lugar as eleccións municipais. O BNG presenta 162 candidaturas coas que obtén 107.932 votos e 241 concelleiros/as.
O Bloque desenvolve unha intensa campaña co slogan "Galiza autodeterminación" que culmina o 6 de Decembro nunha manifestación en Compostela na que participan máis de 10.000 persoas.
O Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG) asina o protocolo de integración no BNG.

1992. O compromiso do BNG cos sectores produtivos galegos maniféstase no apoio e participación activa na Folga Xeral nacional do 2 de abril.
Un grupo de independentes do BNG crean o colectivo Esquerda Nacionalista.
No outono impúlsase unha campaña contra o Tratado de Maästricht, organizando actos explicativos en toda a nación sobre as consecuencias da Europa do capital.
En decembro celébrase unha multitudinaria festa en A Coruña con motivo do 10º aniversario da fundación do BNG.

1993. En marzo convócase a VI Asemblea Nacional que ten lugar en A Coruña.
O proceso de converxencia do nacionalismo avanza coa integración do colectivo Inzar, organización resultante da fusión do Movimento Comunista de Galiza e da organización galega da Liga Comunista Revolucionaria.
Ás eleccións xerais de marzo o BNG concorre co lema "Galiza con forza própria" e obtén 126.965 votos, ficando ás portas de obter representación nas provincias de A Coruña e Pontevedra.
O compromiso do BNG por unha Europa dos Pobos fundamenta a participación da organización no Forum Internacional en Dinamarca onde se reúnen organizacións e personalidades de diversos países europeos críticos co modelo de Europa consagrado polo Tratado de Maästricht.
Nos comicios autonómicos de outubro o Bloque consegue 269.233 votos e 13 deputados. O avance electoral exprésase no incremento colleitado nas cidades nas que se converte na segunda forza política.

1994. O avance na unidade do nacionalismo no plano político plásmase no plano sindical coa reunificación do sindicalismo nacionalista que culmina este ano coa fundación da Confederación Intersindical Galega (CIG).
Nas eleccións europeas de xuño o BNG obtén 139.221 votos.
O Día da Patria adícase á conmemoración do 50º aniversario do "Sempre en Galiza" de Castelao, obra central do nacionalismo contemporáneo.
A integración de Unidade Galega en decembro culmina o proxecto de unidade do nacionalismo iniciado en 1982.

1995. As eleccións municipais de maio supoñen a consolidación do avance do BNG, nas que obtén 208.098 votos e 428 concelleiros/as.
En Decembro celébrase na Feira de Mostras de Ferrol a VIIª Asemblea. A definición dos criterios de actuación do BNG nas Cortes Xerais e os eixos que deben artellar unha alternativa de goberno en Galiza van centrar os traballos asembleares. No plano organizativo, nun paso máis cara á consolidación organizativa, apróbase o desenvolvemento dos Estatutos orixinarios.

1996. Nas eleccións xerais de marzo o BNG obtén 220.147 votos, conseguindo por vez primeira na súa historia dúas actas de deputado -Guillerme Vázquez e Francisco Rodríguez-.
A actuación organizativa e política vai dirixida neste ano a estabelecer un contacto directo coa sociedade co obxectivo de conformar unha alternativa ao desgoberno do Partido Popular. En outubro celébrase un acto masivo en Compostela no que se presenta a alternativa e a Xosé Manuel Beiras como candidato á presidencia da Xunta.

1997. O BNG concorre ás eleccións autonómicas de outubro cun programa de goberno e acada un éxito sen precedentes ao conseguir 395.435 votos e 18 deputados, converténdose na segunda forza política de Galiza.

1998. En xuño ten lugar en Ourense a VIIIª Asemblea Nacional. Esta Asemblea marca un fito no desenvolvemento da organización xa que nela se adecúan as estratexias políticas á súa condición de alternativa de goberno.
Unha das consecuencias desta Asemblea é a sinatura da Declaración de Barcelona, xunto con PNV e CDC, como entente na defensa do recoñecemento do carácter plurinacional do Estado. A esta Declaración séguenlle a de Gasteiz e a de Compostela, que afondan nos acordos de Barcelona.

1999. En maio o BNG impulsa a creación da Fundación Galiza Sempre como mecanismo para promover todo tipo de actividades que contribúan a profundar no coñecemento da realidade galega e ao desenvolvemento do pensamento político, social, cultural e económico da nación.
O BNG volve concorrer en solitario ás eleccións europeas de xuño obtendo 349.079 votos e por vez primeira un deputado no Parlamento Europeo, na persoa de Camilo Nogueira.
Nas municipais obtéñense 290.187 votos e 585 concelleiros. Estas eleccións supoñen un avance cualitativo xa que se entra no goberno en cinco das sete cidades galegas, en tres delas ocupando a alcaldía.

2000. Nas eleccións xerais o BNG obtén 306.268 votos e 3 deputados. Anxo Quintana é designado senador polo Parlamento de Galiza. O BNG, xa que logo, alcanza pola primeira vez representación na Cámara Alta, completando deste xeito a súa presenza en todos os foros.
O BNG convértese en membro de pleno dereito do Partido Democrático dos Pobos de Europa-Alianza Libre Europea. En maio constitúese no Parlamento Europeo o Intergrupo de nacións sen Estado, sendo nomeado presidente do mesmo Camilo Nogueira.
En xuño preséntase en Compostela o manifesto “Un compromiso responsábel co país”, no que o BNG establece un diálogo aberto coa sociedade para construír a alternativa de goberno na Galiza.
O BNG participa activamente nas actividades da “Marcha Mundial de Mulleres”con delegación propia nas manifestacións que teñen lugar en Bruxelas e Nova York.
O BNG presenta o seu novo sitio web, www-bng-galiza.org.

2001. En xaneiro o BNG presenta unha moción de censura ante o desleixo da Xunta fronte ao problema das “vacas tolas”.
O BNG participa como anfitrión no Encontro do Intergrupo de Nacións sen Estado no Parlamento europeo celebradas en Compostela.
En febreiro ten lugar en Compostela a IXª Asemblea Nacional, na que se reforza o BNG como alternativa de goberno dotada dun programa e dun proxecto único para Galiza.
O Bloque participa activamente na folga de xuño contra os recortes sociais promovidos polo Goberno de Aznar.
En outubro celébranse as eleccións autonómicas nas que o BNG obtén 346.423 votos e 17 deputados e deputadas manténdose como segunda forza no Parlamento de Galiza. Os comicios teñen lugar nun contexto mediatizado pola ofensiva ideolóxica contra os nacionalismos despois dos atentados do 11 de setembro.
O BNG participa activamente nas masivas mobilizacións contra o proceso de privatización da educación e invasión da autonomía universitaria através da nova Lei Orgánica de Universidades (LOU).

2002. En abril o BNG celebra en A Coruña a X Asemblea Nacional. Nesta Asemblea adóptanse resolucións significativas como a substitución da Permanente pola Executiva Nacional que pasa a ser un órgano elixido pola Asemblea.
O Bloque apoia a folga xeral do 20 de xuño contra o decreto do Goberno Central de reforma do sistema de cobertura do desemprego.
A Fundación Galiza Sempre, en colaboración con Galiza Nova, organiza os días 24 e 25 de xullo a primeira edición do Festigal, un evento que se converterá nun referente a nivel nacional.
En setembro faise público o documento “Galiza merece máis”. Neste documento o BNG fixa a súa posición a respecto do incremento do autogoberno de Galiza na perspectiva do pleno recoñecemento do carácter plurinacional do Estado español.
Celébrase en Vigo o Acto de Conmemoración do XX aniversario da fundación do BNG.
O BNG, ante a neglixente xestión da catástrofe ecolóxica producida polo buque Prestige, apoia a autoorganización do pobo galego esixindo a depuración de responsabilidades políticas e solucións para reparar os danos e impedir que catástrofes desta caste volvan producirse. A iniciativa do BNG é respondida por numerosas entidades asociativas de Galiza. Desta iniciativa xorde o 21 de Novembro a Plataforma Cidadá Nunca Máis que se converterá na expresión cívica do pobo galego aglutinando ao seu redor a centos de entidades e a un movemento social dunha dimensión até entón descoñecida no país. O 1 de decembro Santiago acolle a maior manifestación da historia de Galiza, na que 200.000 persoas berran “Nunca Máis” ante a situación xerada.
A indignación social ante o comportamento do Goberno e da Xunta culminan na presentación dunha moción de censura ao presidente Fraga que se debaterá no Parlamento de Galiza o 12 de Decembro.

2003. Ante o desleixo e a manipulación, o BNG participa como parte activa nas leccións de dignidade colectiva na masiva manifestación das “maletas” celebrada o 9 de Febreiro na Coruña e na marcha a Madrid do día 23, que congregou centos de miles de galegos na capital do Estado.
O BNG impulsa iniciativas en todos os ámbitos fronte á invasión de Iraq, como expoñente da guerra imperialista.
Nas eleccións municipais o BNG presenta 307 listas e obtén 325.331 votos e 595 concelleiros/as, pasando a formar goberno en 42 Concellos (19 alcaldías). O resultado obtido na provincia de A Coruña sitúa o BNG nunha posición central para impulsar o cambio na Deputación de A Coruña accedendo ao cogoberno. Estas eleccións supoñen un novo fito para o Bloque obtendo o mellor resultado da súa historia nunhas eleccións locais.
En novembro celébrase a XI Asemblea Nacional na que se elixe a Anxo Quintana como novo Portavoz Nacional e candidato á Presidencia da Xunta ao obter 1.700 votos fronte aos 600 de Camilo Nogueira. Xosé Manuel Beiras pasa a ser elixido Presidente do Consello Nacional.

2004. As eleccións xerais de marzo celébranse nun clima fondamente constrinxido polo brutal atentado terrorista do 11-M en Madrid;, neste contexto o BNG resiste a deriva bipartidista obtendo 208.688 votos e mantén dous deputados no Congreso.
O BNG concorre ás eleccións europeas de xuño na coalición Galeusca-Pobos de Europa obtendo na Galiza 141.756 votos, máis do 12% dos válidos. A redución do número de eurodeputados correspondentes ao Estado incide negativamente na perda do representante do BNG.
En xullo preséntase o documento de bases para un novo Estatuto de Nación para Galiza, no que se conteñen os criterios que deben orientar o proceso de reforma estatutaria. Este documento desenvólvese no Foro polo Novo Estatuto con representantes de distintos ámbitos sociais e profesionais, coa finalidade de dotar ao BNG de achegas e de implicar á sociedade neste debate fundamental.

2005.
En xaneiro faise pública a Declaración de Rianxo na que se reclama un acordo para avanzar no recoñecemento do carácter plurinacional do Estado español, ao tempo que se fai un chamamento ás demais forzas políticas de Galiza para acadar un compromiso para dotar a Galiza dun Estatuto de nación.
En febreiro o Foro polo Novo Estatuto presenta á sociedade e achega ao BNG as súas propostas.
O Estado convoca un referendo para ratificar a Constitución Europea. O BNG, consecuente coa súa posición política e co seu compromiso histórico con Galiza, defende o voto negativo ante un modelo de construción europea dirixido polo capital transnacional e enfrontado á Europa dos pobos.
En xuño celébranse eleccións autonómicas, nas que o BNG obtén 311.954 votos e 13 actas no Parlamento. O escenario resultante das eleccións representou un cambio cualitativo que abriu novas oportunidades para o Bloque. O BNG forma parte do goberno da Xunta por vez primeira na súa historia. O reparto do poder no acordo de goberno co PSOE deixa ao BNG coa Vicepresidencia e con catro consellerías. O Portavoz Nacional, Anxo Quintana, convértese no Vicepresidente da Xunta e no referente do nacionalismo no goberno. Fernando Blanco, Ánxela Bugallo, Teresa Táboas e Alfredo Suárez Canal completan o primeiro gabinete con presenza nacionalista.
A aposta do BNG polo Estatuto que lle corresponde a Galiza culmínase en decembro nunha Convención Nacional na que se presenta o texto articulado do Estatuto de Nación.
O BNG participa na Asemblea Xeral de Galeuscat en Madrid, que marca o inicio dunha nova andaina da alianza.

2006. En xaneiro fúndase a Tribuna Galeuscat dotándose de órganos permanentes de coordenación parlamentar nas Cortes Xerais.
En abril ten lugar a Convención Nacional pola Lingua na que se actualiza a posición e actuación do BNG neste ámbito e se define a acción institucional e social precisa para avanzar de xeito real e efectivo na normalización do galego.
O arranque da campaña do 25 de xullo tivo lugar o 28 de xuño, coincidindo co 70º aniversario do plebiscito do Estatuto de autonomía do 36, coa presentación en Santiago da Alianza Galeuscat, que contou coa presenza dos líderes do BNG, PNV e CiU e numerosa asistencia representativa do mundo social en Galiza.
Nos días 2 e 3 de decembro celébrase a XII Asamblea Nacional nun contexto moi definido pola posición do BNG como forza de goberno. Nesta Asemblea concorren catro listas para o Consello Nacional obtendo todas elas representación grazas aos mecanismos de democracia interna vixentes no BNG..

2007. En maio teñen lugar as eleccións municipais, nas que o BNG consegue 315.449 votos e 661 concelleiros e concelleiras. Este resultado tradúcese en 32 alcaldías e 37 cogobernos. O BNG consegue o maior número de representantes nas institucións locais da súa historia, sendo un indicador máis do reforzamento social da organización nacionalista. O avance da organización nestas eleccións maniféstase tamén no acceso ao cogoberno da deputación provinciais de Lugo.
A presenza do Bloque en Madrid vai supor un avance sen precedentes para situar a Galiza no lugar que lle corresponde no Estado, saldando parte da débeda histórica, desbloqueando a transferencia de competencia e conseguindo melloras orzamentarias significativas.

2008. Nas eleccións xerais de marzo o BNG obtén 212.543 votos o que lle permite manter a súa presenza nas Cortes do Estado e a posición inquebrantábel de defensa dos intereses galegos en Madrid.

martes, 21 de septiembre de 2010

A leción de anatomía do doctor Tulp


Excelente retrato de grupo encargado en 1632 polo doutor Nicolaes Tulp, no que aparece representada unha lección pública de anatomía, costume habitual naquelas datas para demostrar a sabedoría de Deus ao crear ao home. Vemos ao doutor Tulp co seu chapeu, reflexo do seu cargo, cunhas pinzas na man dereita, mostrando aos seus alumnos a disección dun brazo, os tendóns e os músculos. O corpo do morto no que se realizan as prácticas é o dun coñecido criminal ajusticiado; detrás del sitúanse sete alumnos do doutor que escoitan atentamente a lección, destacando o realismo das figuras a través das súas expresións: sorpresa, entusiasmo, atención... As miradas de cada unha das figuras falan por si soas e fan que o espectador senta protagonista tamén da escena e intégrese na lección, ampliando así a aula de Tulp á sala onde se expón o cadro. As figuras apiñadas en torno ao cadáver supoñen unha novidade, xa que nos retratos de grupo anteriores, pintábase ás persoas en fila; ao colocalas así, Rembrandt ofrece unha maior sensación de realismo. O pintor está interesado nos contrastes lumínicos que provoca unha luz potente e clara, que ilumina unhas zonas e deixa en profunda sombra o resto do espazo, segundo indicaba a teoría tenebrista que traballaba por estas datas. O colorido escuro tamén é característico da técnica tenebrista, pero ademais hai que destacar a austeridade cromática dos traxes daquela época, animada polos pescozos e puños brancos. Os detalles dos pescozos e as roupaxes ou os libros demostran a altísima calidade do artista, que triunfa en Amsterdam grazas a estes traballos.

domingo, 19 de septiembre de 2010

Morre Labordeta

Labordeta (Zaragoza, 1935) está considerado como un dos máximos representantes da cultura e o nacionalismo aragonés. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza, frecuentou nos seus anos de estudante tertulias nas que coincidían representantes da cultura aragonesa da segunda metade do século XX.

Os seus primeiros pasos literarios deunos na revista Orejudín, editada entre 1958 e 1959. E as súas primeiras obras -contos, poemas e artigos- publicounos ao amparo da Tertulia do Café Niké e a Oficina Poética Internacional (OPI).

A súa traxectoria docente iniciuouna como lectorado na Universidade de Provence (Francia), para pasar a ser profesor de Secundaria de Xeografía, Historia e Arte en Teruel logo de aprobar unhas oposicións.

Cantautor

Como cantautor está considerado o pai da Canción Aragonesa, movemento xurdido no ano 1968 coa publicación dun disco de Labordeta e varios dos seus alumnos.

A principios dos anos 70 do século pasado participou na fundación e desenvolvemento do xornal quincenal Andalán, voceiro da conciencia aragonesista de esquerdas, coincidindo co seu desprazamento a Zaragoza como profesor.

Nos anos 80 o mestre Labordeta deixou a docencia para adicarse profesionalmente á música, labor que compaxinou coa interpretación en cine e televisión e a redacción de artigos e columnas xornalísticas.

Co programa Un país en la mochila (1995), serial de 29 capítulos escrita e dirixida polo finado, deuse a coñecer entre o gran público mentres amosaba as zonas rurais máis descoñecidas do Estado español.

Os poemarios Sucede el pensamiento (1959), Dulce sabor de días agrestes (2004), a novela Cada cual que aprenda su juego (1974) e os libros de memorias Aragón en la mochila (1983) e Regular, gracias a Dios (2010), destacan na súa faceta literaria.


Deputado da Chunta Aragonesista

Nos últimos anos da súa vida Labordeta destacou como deputado da Chunta Aragonesista (CHA) nas Cortes de Aragón e no Congreso dos Deputadso, onde foi o voceiro do Grupo Mixto e consagrouse como político de referencia entre os anos 2000 a 2008.

Nestes anos converteuse no representante do nacionalismo aragonés a nivel estatal grazas á súa oposición á Guerra de Irak ou Plan Hidrolóxico Nacional do Goberno de Aznar.

Malia o seu compromiso Labordeta deixou a política cando lle foi detectado un cancro de próstata para adicarse a escribir e gozar da súa dona e tres fillas.







viernes, 17 de septiembre de 2010

A síndrome Belén Esteban

"Como profesora, as preguntas dos alumnos que máis me custa responder convincentemente son sobre porqué hai que estudar cousas que a eles lles parecen inútiles ou absurdas, como a Historia ou a Xeografía. Eu teño claro que me achegan a min, pero de todas as razóns que hai para estudar estas cousas, eu fágolles fincapé no necesarias que son estas disciplinas para comprender o mundo no que viven: as coordenadas de espazo e tempo, que á fin e ao cabo son as que tratan a Xeografía e a Historia, axúdannos a coñecer o sitio que ocupamos no mundo e a comprender de onde veñen todas as nosas realidades. Que todo iso lles pode parecer alleo e absurdo, pero que moitas das cousas que estudan teñen que ver coa súa vida real e que, queiran ou non, aféctanlles.

Por exemplo, queres saber por que tes ao teu lado a un compañeiro que vén de Ecuador? por que fala o mesmo idioma que ti? queres entender por que un señor, por nacer co apelido Borbón, vai ser "rei" e o Estado Español vaille a dar moita pasta (que virá dos impostos que ti pagues de maior)? por que o que digan uns señores europeos en Bruxelas vai repercutir - e moito - na túa vida? Todo iso é xeografía. Todo iso é Historia.

Algúns entenden que quero dicir, outro non. Eu non levo mal as preguntas, as protestas... son críos. É normal. Onde me desarman do todo e déixanme sen respostas é cando me din que todo iso lles dá igual. Que para que queren saber onde está Marrocos, se non van ir nunca. Para que coñecer o tipo de eleccións que hai en España, se eles non teñen a intención de votar xamais. Que lles escorrega que haxa unha guerra en Iraq, que media África estea a morrerse de fame ou que a Unión Europea diga "bla". Se nin sequera interésalles iso, imaxinádevos o complicado que me resulta facer que se interesen polo que facían señores de fai cinco séculos, por moi apaixonante que eu tente pintalo.

E, O que levo peor con diferenza, é esa actitude de orgullo co que exhiben a súa ignorancia e a súa cortedad de miras. Esa actitude de "non serve para nada, non me interesa. Iso que contas e ao que dedicas a túa vida é unha merda. Eu quero xogar á Play/ irme de compras ao Centro Comercial e xa". Téñena comigo, que ensino Historia, pero tamén que os profes de lingua, de bioloxía, de matemáticas. O desprezo polos libros, pola arte, pola Cultura, polas Ciencias... non é algo tan raro, e pode comigo.

Ultimamente esa actitude está máis de moda que nunca. Temos unha perfecta encarnación na ditosa Belén Esteban, que non sabe nada, non quere saber nada e se jacta diso. A mala educación, a zafiedad e a ignorancia postos nun pedestal día tras día. Todo o mundo apláudea porque ela é auténtica" (signifique o que signifique iso). Coñezo a moita xente á que lle gusta ver á Esteban e é curioso, porque hai toda clase de persoas entre o seu público. Entre eles, os que máis me chaman a atención son dous tipos: a xente que ten (ou cre que ten) máis educación que ela e vea como un divertimento, mesmo algúns como un consolo (eu son mellor que ela), ou os que son como ela, que viron como a ignorancia e a mala educación tamén pódenche facer triunfar na vida e que hai que sentirse orgulloso diso. Iso dáme medo: que se estenda e que sirva de exemplo a máis bobos, que opinen que o non saber nada é estupendo. Que o presumir de ser zafio e inculto convértase en politicamente correcto e sexa ben visto.

"Eh, que eu non quero axuda de ninguén, que non necesito axuda, leite" di a Esteban nun momento deste catro minutos de despropósitos. "Como eu non pillei esa revolución -o industrial- tres narices impórtame"- un argumento que podería empregar un dos meus peores alumnos.

En fin... o grande é que estou convencida de que a maior parte do público (e moitos dos das mesas) non tiñan nin idea de que a moza estaba a meter a gadoupa até o fondo e máis aló e rían e aplaudían porque o dicía o rexedor.

Entendédeme: eu non critico á xente que non sabe. Eu non sei moito de tantísimas cousas... tampouco creo que teña que ser motivo de vergoña o non estudar, o non falar correctamente ou o ter lagoas de coñecemento. O que me rebenta é a actitude contraria, a exhibición con orgullo da ignorancia e o menosprezo a calquera cousa que cheire a sapiencia. Dóeme o desprezo á educación, en todos os seus sentidos. Dóeme... e dáme unha pena que morro."

jueves, 16 de septiembre de 2010

Que supón a reforma laboral para o estudantado?


A mocidade, o estudantado, sitúase no albo da crise económica, existindo unha preocupante relación entre o nivel de formación e a calidade do emprego. Por iso, cómpre facer fincapé na necesidade de que se artellen políticas que atallen o fracaso escolar. Cómpre salientar que en Galiza un 26,7% dos alumnos non remataron a ESO, fronte, por exemplo, ao 14,3% de Euskadi.

Porén, as medidas recollidas na reforma laboral non van dirixidas a solucionar ningún destes problemas: nin o desemprego, nin a temporalidade, nin os salarios, nin a formación. Un dos feitos máis sangrantes da reforma laboral son as novas bonificacións e subvencións ás empresas, a través do contrato para a formación que aumenta dos 21 aos 24 anos, eximindo totalmente ás empresas das cotizacións á Seguridade Social, eliminando os custes da formación teórica nas empresas de menos de 50 persoas e subvencionando a reconversión destes contratos en indefinidos.Non ten xustificación algunha a decisión de aumentar a idade, agás a interese empresarial en contratar man de obra barata. Este tipo de contratos dan lugar a todo tipo de abusos, porque a formación teórica na realidade non se imparte na grande maioría dos casos e porque a remuneración garantida é baixísima, xa que para o 1º ano se lle pode descontar do SMI o tempo dedicado á formación (mínimo dun 15%) e para o 2º ano de contrato o salario garantido será o SMI, con independencia do tempo dedicado á formación.

Parello a isto, déixanse esmorecer os servizos públicos de emprego mentres legalizan as axencias de colocación con ánimo de lucro e se xeneraliza a actuación das ETTs, coa consecuente precarización e abusos ás que estas someten ao conxunto das mozas e mozos que acceden ao emprego a través desta modalidade de contratación (falta de inversión na formación das e dos traballadores, inestabilidade, sinistralidade, menores retribucións, dobre sometemento á patronal, etc.).

Deste xeito, só coa mobilización activa do estudantado e da mocidade en xeral se poderá frear este gravísimo ataque aos nosos dereitos, así, a folga xeral é imprescindíbel para pararlle os pés ao goberno central e a un goberno galego incompetente máis aínda desde a firme convencemento de que somos os estudantes de hoxe, non os precarios de mañá. Así, o 29 de setembro nin un só estudante nas aulas!

domingo, 12 de septiembre de 2010

Neira, o oportunismo e a Comunidade de Madrid

Todos recordamos o que lle ocurriu ao profesor Neira cando defendeu a unha muller que estaba a ser agredida pola súa parella. Ese home foi cesado do seu cargo no Obervatorio Rexional da Violencia de Xénero.

Cando lle preguntan si vai a deixar de beber contesta "Si no puedes pegarte un revolcón con una señora y, encima, no puedes tomarte un vino, no quiero vivir. Estas palabras poden ser tildadas de machistas e ignorantes.

Hai tamén un tempo, un home subsahariano defendeu a unha muller que estaba sendo atacada no metro, e como consecuencia, caeu ás vías e perdeu unha perna.

Ofrecéronlle saír na televisión e negouse rotundamente, non quería ser protagonista, só fixo o que pensou que debía facer.

Ninguén pode negarlle a Neira que fixo o que debía defendendo a esa muller e que merece un recoñecemento polo mesmo, pero logo de pasar isto, cada vez que abría a boca saía un home violento e que non merece ningún cargo público.

Creo que para calquera persoa que teña dous dedos de frente, Neira non é un heroe, senón un oportunista que logo de realizar un acto heroico, que non nego, é nomeado cargo público, cando hai miles de persoas que cada día loitan contra a violencia de xénero.

O cargo que este “señor” ocupaba, meréceno miles de mulleres e de homes que adican o seu tempo a axudar a mulleres maltratadas, a concienciar á sociedade sobre o maltrato e que sendo claros, non son oportunistas violentos que poñen en risco a seguridade das persoas tomando “una copa de vino y un licor”.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Torna el regionalisme?

Què ràpid es posen d’acord quan es tracta d’impedir la normalització del país, que ràpid que metabolitza el consens de la gent d’ordre quan es tracta de deixar de viure en una colònia, del Primer Món efectivament, però al capdavall colònia! Francesc de Carreras, Vidal Quadras i Duran Lleida estan d’acord, no podria ser d’altra manera, alhora de posar el crit al cel davant l'exigència que els professors d’universitat que treballen i es volen quedar a viure a casa nostra, coneguin la llengua catalana.
Segons ells, això farà que el talent defugi el nostre país! I que la nostra universitat sigui provinciana i localista. Paradoxalment són els mateixos que s'erigeixen en els principals defensors de les províncies i si no recordem el debat de la Llei de Vegueries.
Com sempre però, ho fan de forma barroera i demagògica, perquè no s’han llegit (o no han volgut) la iniciativa. La proposta que fa el govern català en forma de Decret està consensuada amb els rectors i permet que els que venen per un període de temps curt o esporàdic en restin el marge. Cap persona de prestigi que ens visiti ocasionalment entrarà en aquesta norma que fixa que aquells que es vulguin quedar a treballar a la universitat catalana tinguin un marge de dos anys per entendre el català.
I dic entendre, perquè el fet que molts ciutadans del nostre país —que paguen religiosament la matricula a la universitat— després veuen que el seu examen, treballs o preguntes a classe no es poden fer en la llengua pròpia de Catalunya perquè pot passar que el docent no la conegui. Talment com ens passa amb el cinema i per això hem fet la llei.
El que volem és senzill i no hauria d’aixecar tanta suspicàcia en gent que milita en les files del catalanisme. Sempre dic que hi ha temes que no haurien de ser objecte de discussió entre nosaltres: deixar de ser estrangers al nostre país i viure amb naturalitat en la nostra llengua.
Perquè el nostre crim, per a alguns, és deixar el “depèn de tu” de CiU per actuar des del Govern i deixar d'espolsar-nos el problema per traspassar-lo als ciutadans, “que es parli català depèn de tu” deia l’espot de l’època pujolista. Doncs bé s’ha demostrat que no hi ha prou i que el govern ha d’actuar, en aquest cas legislar.
I això, amics meus, ho hem fet i ho estem fent de la mà d’un govern d’esquerres que determinats cercles nacionalistes consideren impur o il•legítim. La veritat, però, és que si hagués seguit governant la nostra dreta encara estaríem instal•lats en el liberalisme lingüístic, és a dir, que la llengua més forta vagi fent, en aquest cas el castellà, una llengua global que res ha de témer, perquè en tot cas depèn de la gent!
La pregunta que ens hem de fer, no obstant, és perquè CiU calla o juga a l’ambigüitat i posa pals a les rodes, per acabar sempre votant-hi a favor amb la boca petita, amb les lleis del Cinema, Educació o Acollida o aquest mateix decret sobre el nivell de suficiència a la universitat, que oficialment equival al nivell C, i no diuen què farien ells si governessin. És lògic i semblaria el més normal que els qui volen ser alternativa política expliquin què farien ells si gestionessin les decisions de l’executiu català. En l’àmbit de la llengua i la cultura ni ho han fet ni ho faran. Vint-i-tres anys en són un exemple clar, i no els hem de blasmar per això. El PSC de governar sols o amb CiU tampoc ho farien.
Per això necessitem una ERC forta, perquè sense nosaltres aniríem enrere i tornaria el “depèn de tu”, i molts de nosaltres portem molts anys de defensa i feina per l’ús social de la llengua catalana, per veure com és malmet tant d’esforç generacional en mans de gent que s'aferra a una mena de liberalisme lingüístic com a pretext. Per això, alguns, molts, volen debilitar Esquerra i xalen amb determinats vaticinis demoscòpics, que de fet l’únic que demostren és que malgrat tot, l’única opció independentista segura, l’única palanca seriosa i útil a la política catalana és el partit de Macià i Companys. No serem nosaltres qui farem el caldo gros al regionalisme. Si Esquerra es forta Catalunya és més lliure. I evidentment els ciutadans catalans són més lliures perquè són una mica menys estrangers en el seu país.

jueves, 9 de septiembre de 2010

Chamamento á continuidade de A Nosa Terra

"A Nosa Terra, a cabeceira histórica do xornalismo en galego, debe seguir activa no mapa da comunicación do século XXI", é o título da carta aberta que un grupo de persoas que formaron parte da equipa que recuperou a cabeceira de A Nosa Terra en 1977, veñen de facer pública.

"A histórica cabeceira A Nosa Terra é todo un símbolo na traxectoria do Xornalismo en galego. Trátase non só dun medio que empregou a lingua galega e empuñou a defensa do idioma propio para cubrir un espazo na oferta informativa galega, o que o converteu no principal canal de expresión dos intelectuais galeguistas durante case un século, senón que, á marxe da liña concreta que seguiu en cada momento, representa unha forma de entender o Xornalismo comprometido co país, cunha visión crítica e aberta ao debate.


"O equipo que con Margarita Ledo como directora e principal impulsora dun renovado proxecto que puxo en marcha A Nosa Terra na súa actual etapa no ano 1977, logo dos anos escuros nos que apareceu de xeito irregular no exterior ata esmorecer, expresa o seu apoio a continuidade e mellora do proxecto ao tempo que anima aos actuais responsables do equipo informativo e da empresa para que articulen unha alternativa que faga posible salvar a cabeceira e recuperar o seu papel central, no marco da diversidade informativa, no Xornalismo galego.

"Quen nalgún momento da súa vida traballou no xornal A Nosa Terra non pode esquecer as achegas que esta cabeceira fixo ao Xornalismo en galego e as que aínda debe facer neste século XXI marcado pola complexidade. Este é o principal motivo do noso apoio firme a continuidade dunha cabeceira necesaria para o Xornalismo galego actual".

O escrito está asinado por Margarita Ledo,Xosé Ramón Pousa, Antón Galocha, Xosé López, Marita Otero, Lois Celeiro, Pepe Barro (deseñador) e
Fernando Bellas (fotógrafo). Os oito asinantes formaron parte do equipo de redacción (textual e gráfica) que puxo en marcha o semanario no ano 1977 e da súa fase de lanzamento. A directora do semanario e autora do proxecto xornalístico para recuperar a cabeceira foi Margarita Ledo Andión, na actualidade Catedrática de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.

lunes, 6 de septiembre de 2010

Os medios en galego importan

Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sos. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.

Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un trás doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tome a decisión de axudar ós medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.

Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un trás outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos.

sábado, 4 de septiembre de 2010

Estatuto de Galiza


O BNG presentou hoxe en sociedade a súa proposta de Novo Estatuto para Galiza co que se persegue dotar á Xunta de Galiza de máis ferramentas para saír da crise económica e defender a identidade e os sectores produtivos galegos.

O texto, froito dun longo traballo no que participaron homes e mulleres de dentro e de fóra do BNG de recoñecido prestixio, foi presentado esta mañá en Santiago de Compostela a unha ampla representación da sociedade galega.

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, subliñou na súa intervención que “o actual marco estatutario revélase absolutamente insuficiente, cun autogoberno raquítico, mal financiado e cun abano competencial moi limitado e permanentemente exposto á invasión estatal” .

Mostrouse convencido de que “son as regras de xogo que nos impoñen, entre elas unha limitade capacidade de autogoberno, as que nos impiden acadar niveis de desenvolvemento económico e social semellantes aos dos países máis desenvolvidos do noso entorno”.

Neste sentido, defendeu a necesidade de “erguer un potente movemento social en defensa dun novo status para Galiza” porque “ou Galiza se sobe ao tren do futuro ou ficará como hoxe está, a efectos prácticos, na 2ª división estatal”.


viernes, 3 de septiembre de 2010

A Historia, os homes e o tempo


A historia é unha ciencia social que estuda o pasado para tratar de comprender o presente e, en consecuencia, proxectarse ao futuro. É dicir, o obxecto de estudo dun historiador é o pasado dunha sociedade e un podería preguntarse cal é o sentido daquilo, Seica só pola mera observación ou contemplación do que fixeron os nosos antepasados?, Seica para refuxiamos en museos ou en bibliotecas e arquivos illados do presente?, Só polo pracer de estar de escavación en escavación desenterrando cadáveres e cerámica rota?, ou Só para exhibir unha erudición desmedida e unha gran memoria?

Pensamos que non. A Historia, moi pola contra, é unha disciplina que está absolutamente vinculada ao presente, aos problemas da actualidade. Os homes e as sociedades temos asuntos por resolver, preguntas, dúbidas que requiren respostas e que xeralmente afloran en momentos de crises. Nestes casos, é sintomática a necesidade de saber as causas que produciron ou conduciron a determinadas situacións, e é cando a historia demostra a súa utilidade ao brindar explicacións do por que das cousas. A historia adoita dar respostas ás interrogantes do presente. En consecuencia, podemos concluír que cada xeración de historiadores ofrece respostas diferentes ás inquietudes propias dunha época.

Os homes e as sociedades adoitamos ser inconformes e constantemente estamos a soñar cun futuro mellor no que os problemas estean resoltos. Neste sentido, a historia ao ofrecer explicacións do por que das cousas, indirectamente está a ofrecer solucións para mellorar ou tentar unha mellor construción das sociedades. Por iso, aínda que é certo a historia estuda o pasado, está comprometida coas vicisitudes do presente e cos soños do futuro.

Que é entón a Historia e para que serve?

Fagamos unha pequena enquisa entre os nosos amigos, profesores e parentes, e preguntémoslles: Que é a Historia? Os nosos avós, incluso os nosos pais e mestres talvez dígannos que a historia é a narración dos grandes sucesos como batallas, descubrimentos xeográficos, fundacións de cidades. Tamén dirían que trata acerca dos grandes homes que foron presidentes, reis, exploradores, xerais. E poderían afirmar que estudar historia é aprender de memoria unha serie de datas e nomes.

Seguramente isto resúltanos non só moi aburrido se non que nos fai sentir que ten pouco que ver connosco e as nosas vidas. O máis probable é que nin nós nin os nosos pais estivésemos nunha batalla, nin descuberto algún continente ou río, ou sequera visto a un rei. Que quere dicir isto? Que nós estamos fóra da historia? Da maneira como nolo expoñen poderiamos pensar que isto é así, pero, por sorte, non é verdade.

Por que os nosos libros de historia falan sempre de acontecementos e personaxes? Porque quen os escribiron decidiron que eses acontecementos e eses personaxes son importantes. Cando o historiador realiza o seu traballo, escolle non soamente un tema, senón tamén elixe a información coa que vai escribir sobre ese tema.


Ademais do historiador que investiga sobre feitos e mentalidades de todos nós, dunha ou outra forma, ingresamos a participar da historia mediante a adquisición do coñecemento histórico, sexa pola aprendizaxe indirecta dun capítulo dela ou pola participación directa en determinados acontecementos. De maneira que, na práctica social, estas adquisicións pódense converter nunha apropiación persoal da historia, e por medio de novas aprendizaxes e vivencias pode desenvolverse un proceso máis ou menos consciente nos suxeitos individuais e colectivos que lles oriente a ter un rol de actores e construtores da historia presente e futura.

Cremos pois que a Historia fálanos da maneira como os seres humanos habemos formado o mundo en que vivimos. A historia é por tanto, ademais dun proceso real no que todos estamos inmersos, un conxunto de coñecementos e instrumentos para examinar ese proceso e iso dá lugar á existencia da historia como ciencia (historia=coñecemento).

Pero non sempre os homes marchamos cara adiante, non sempre progresamos. Os homes facemos o noso mundo seguindo distintos camiños, ás veces de maneira consciente, outras sen damos conta. Formamos o mundo tal como é, interactuando con outros seres humanos, coa natureza, coas institucións que contribuímos a crear e manter (historia = proceso).

A historia serve para comprender o mundo en que vivimos e como o mundo que nos rodea chegou a ser o que é. A historia nos concierne e involucra a todos. E todos temos a nosa historia, todos facemos historia, incluso todas as cousas teñen historia.