sábado, 5 de noviembre de 2011

A alternativa que te defende

Chegans as eleccións ao Parlamento de Estado e chega o momento de elixir quen nos representará en Madrid nos próximos catro anos.
Vemos diferentes propostas de múltiples partidos, e claramente ningunha preocupada pola nosa realidade.
O programa do PP é basicamente facer o que Feijóo está realizando en Galiza, que é recortar e recortar servizos públicos como a sanidade ou a educación. Despois encontramos tamén a proposta estrela de relanzar á economía e crear emprego. Será vendendo empresas públicas como fixo Aznar entre o ano 1996 e 2004. Moita xente non se da conta de que a bonanza económica tan alavada polo PP resultou da venda destas empresas, que a curto prazo deron beneficios, pero moitas pérdidas a medio prazo, ademáis de encontrarnos con moitos menos servizos públicos.
Tamén é curioso ver como o PSOE se modera e volve un pouco, aínda que sexa só por apariencia, aos cauces da esquerda, con propostas que recordan ao comezo de Zapatero ou ao mesmo González no 82.
Tampouco temos que olvidar á famosa Rosa Díez, que se modera un pouco e, polo menos, xa non insulta ás nacions que forman España.
Hai moitas propostas, pero só unha que pode defendernos en Madrid e conseguir que o financiamento público pase por Galiza e se escoite a nosa voz, e esa proposta é a do Bloque Nacionalista Galego.
Nestas eleccións non fai falta ser nacionalista para votar ao BNG, só hai que ter sentido crítico, vendo as intervencións nas Cortes durante os últimos catro anos, nas que é evidente que só dous diputados, Jorquera e Davila traballaron duro, non coma os do PP e PSOE, aos que nin coñecemos.

O 20 sabemos que o PP gobernará, por desgracia España, pero podemos elexir que Galiza teña máis forza e que a nosa voz se siga escoitando, e a poder ser, máis forte