Onte foi o Día da República.
A II República non se implantou por arte de maxia, senón que hai moitos anos se sufimento do pobo español antes do comezo desta nova etapa na historia de España.
Os feitos máis salientables que temos que ter en conta foron os seguines:
-Crise do 98, coa perda das últimas colonias. Esta crise leva aos partidos dinásticos a iniciaren un programa de reformas para rexenerar a vida política española.
Os gobernos conservadores de Silvela-Polavieja e de Antonio Maura interntaron, ata 1909, algunhas reformas, como as de Facenda, Administración local ou lei electoral, pero este intento de sanear o sistema político sen acabar do caciquismo e coa corrupción foi un auténtico fracaso.
Mentres estes paridos dinásticos ían perdendo cada vez máis forza, o republicanismo aumentou, e esto plasmouse coa creación de Unión Republicana e do Patido Radical. Tamén os grupos nacionalistas cataláns acadaron un gran triunfo en 1907. O socialismo (PSOE) e a súa central sindical (UXT) consolidaron a súa presenza en diferentes puntos do país, facendo que Pablo Iglesias fora o primeiro deputado socialista en España, elexido no ano 1910.
Por último, non temos que deixar de lado aos anarquistas, que seguían a estar fraccionados, algúns defendían as accións terroristas e outros fundaron a CNT.
Non só o declive dos partidos dinásticos levou á proclamación da República, temos, por exemplo, un gran feito que conmocionou á sociedade española, a Semana Tráxica, producida en 1909 en Barcelona. Durante este ano a vida política deteriorárase, e a oposición ao recrutamento de soldados para a Guerra de Marrocos fixo surxir esta revolta. O levantamento foi esmagado polo exército e a represión foi moi desproporcionada. Estes feitos provocaron a dimisión do presidente Maura, e o rei fixo que os liberais formasen un novo gobenro.
Canalejas asume o poder despois da dimisión de Maura, e intenta darlle máis peso ao poder civil que ao eclesiástico e realizar a descentralización do estado, creando a Mancomunidade de Catalunya. Canalejas non pudo rematar o seu programa, pois en 1912 foi asasinado polos anarquistas.
Logo do asasinado do presidente, dase unha situación de inestabilidade, que culmina coa crise de 1917, pois antes os crecentes problemas sociais, os conservadores de Eduardo Dato, gobernaron de forma autoritaria, clausurando as Cortes e gobernando a base de decreto-lei.
O descontento estalou neste ano, pois a situación creada pola Guerra Mundial orixinou un gran movemento de protsta.
As forzas políticas da oposición esixiron a dimisión do goberno, e ao mesmo tempo grupos militares organizaron xuntas de defensa e enfrontáronse á política do goberno. Esta situación era un reflexo da deteriorada situación política e social, aínda que o Goberno conseguiu reprimir as folgas e pactar cos militares e políticos.
Por último, quedanos falar do período que abarca dende 1917 ata 1931:
Entre estes anos formáronse trece gobernos diferentes, que non conseguiron estabilizar o sistema.
Esta inestabilidade estivo acompañada dunha gran conflictividade social. Os sindicatos aumentaron a súa afiliación, e en 1921 os sectores máis radicais do PSOE crearon o PCE.
Os sindicatos e grupos políticos de esqueda impulsaron mobilización obreiras, como as do campo andaluz, pero foi sobre todo entre os traballadores industriais, especialmente en Barcelona e na súa área industrial, onde a loita tivo un carácter masivo. Ante esta situación o goberno e a patronal endureceron a súa actitude, e entrouse nun proceso de violencia social.
-A derrota de Annual
O último paso da grave situación política foi este, e deu paso á ditadura de Primo de Rivera.
No ano 1921, en Annual, o exército español sufriu unha estrepitosa derrota e máis de 12000 soldados morreron. Ante este desastre, a oposición de esquedas pediu unha investifación sobre as responsabilidades da derrota.
Para frear a presentación ás Cortes fo informe, que acusaba a algúns mandos militares e mesmo ao monarca, certos sectores do exército propiciaron un golpe de Estado, para acadar o poder. Así foi como Primo de Rivera faise co poder, dende 1923 ata 1931.
Este golpe de Estado xustificouse co argumento de que o sistema parlamentario e constitucional estaba “desprestixiado”, e que era incapaz de garantir a orde social e de frear a revolución social que se aveciñaba, pois era evidente de que o pobo non aguantaba máis corrupción, máis violencia, máis miseria e máis crises políticas.
O novo réxime instituíu unha ditadura militar, suspendeu a Constitución, disolveu o Parlamento e prohibiu os partidos políticos e sindicatos, e tamén destituíu a todos os cargos electos (alcaldes, deputados...) Tamén suprimiu a Mancomunidade de Catalunya e exerceu unha gran represión sobre intelectuais, profesores universidarios, organizacións de esquerda...
A ditadura conseguiu manterse no poder grazas a unha boa situación económica, debida ao fin do conflito con marrocos e á boa situación internacional, pero dende 1929 as repercusións da crise económica que se daba en Estados Unidos comezaronse a notar, e a oposición volveu a rexurdir.
Sen apoios, Primo de Rivera dimitiu en xaneiro de 1939, e Afonso XIII nomeou xefe de goberno ao xeneral Berenguer.
Berenguer debía tornar á legalidade democrática. Facer unhas eleccións era un risco, pois o rei podía verse forzado a deixar o seu posto se nas eleccións vencese a esquerda radical. Non debían convocar eleccións xerais, entón o xefe de goberno decidiu convocar eleccións municipais, de menor importancia, ou eso pensaba.
As eleccións foron convocadas o 12 de abril de 1931e a oposición ao réxime monárquico constituíu unha coalición para presentarse ás eleccións, mentres os partidos monárquicos estaban divididos.
Os resultados déronlle un gran triunfo á esqueda, pois acadou grandes resultados nas capiais de provincia e nas rexións industriais, onde a intervención do caciquismo.
Estes datos fixeron evidente o rexeitamento á Monarquía e un desexo de cambio. Milleiros de cidadáns saíron ás rúas de modo espontáneo para demandar a proclamación da República. Ante esta situación, Afonso XIII suspendeu a potestade real e abandoou o país cara o exilio. O 14 de abril de 1931, do que onte se cumpliron 79 anos, proclamouse a República en medio do entusiasmo do pobo, que por fin veu chegar os seus soños de cambio, igualdade, democracia e mellora das condicións de vida.
moi bo
ResponderEliminar