lunes, 18 de octubre de 2010

Ecoloxistas galegos cren que “con Endesa, o río Eume é irrecuperable”

“O Eume xa non é un río con vida; non será hora de pedir e facer cumprir a lei aos responsables?”. Desta forma, a asociación Ríos con Vida denuncia a situación na que se atopa o caudal do Eume. Para os ecoloxistas, o Eume está actualmente convertido nun río con zonas totalmente secas e altamente contaminado. Á hora de poñerlle cara aos culpables non teñen dúbida: a empresa Endesa está no seu punto de mira. “En todos estes anos, cantos millóns e millóns de litros de auga se turbinaron na central de A Capela sen respectar en ningún caso o caudal mínimo do río, enriquecendo as arcas desta empresa, que explota un cauce que todos temos dereito a gozar”, se preguntan dende esta asociación na defensa dos ríos. Tan claro vén dende esta asociación que Endesa non está a cumprir as obrigas que veñen parellas a súa licenza de explotación que o pasado xaneiro interpuxeron unha denuncia contra Endesa que foi admitida a trámite. “Non será a última”, avisan.

A situación de contaminación do Eume non é nova, pero o problema é que moitos pensan que se acaba o tempo. “Se non se pon freo rápido a isto a situación do río pode ser irrecuperable”, alertan dende a Asociación Ecoloxista de Galicia (Adega), que ve responsables da situación tanto a Endesa como á propia Administración, “que mira para outro lado”.

O río Eume nace na serra do Xistral, e baixa ata Pontoibo, lugar onde xa se atopa co primeiro encoro ao que ten que facer fronte. Alí, a presa hidroeléctrica de A Ribeira embalsa 33 hectómetros cúbicos de auga durante un percorrido de cinco quilómetros aproximadamente e abastece de auga o concello de As Pontes e a central térmica de Endesa.

Os ecoloxistas entenden que é xusto desde este punto onde comeza “o secuestro” do río por parte da empresa. “Neste punto é onde se comeza a secuestrar en serio o caudal do Eume para rechear o oco da antiga mina que abastecía a citada térmica e formar un lago artificial que nos últimos tres anos está a arrebatar ao río un caudal indispensable”, explican. Ademais, a isto hai que sumarlle a denuncia que fan diversos grupos ecoloxistas da grave contaminación que supuxo para o río a construción da autovía Ferrol-Vilalba (AG-64).

“Estas obras supuxeron un grave episodio de contaminación xa que botaron ao río gran cantidade de metais pesados, e baixaron moito o ph en toda a conca, coa conseguinte aniquilación de toda a fauna fluvial debido ao tremendo choque ácido”, explica Mark Adkinson, o presidente da sección galega da organización medio ambiental.

Só uns cantos quilómetros máis abaixo, as augas do Eume son retidas no embalse da Capela. “Aquí as augas que quedan volven ser secuestradas por Endesa a través dunhas tuberías que conducen a auga ata a central hidroeléctrica da Capela, secando case por completo ata tres quilómetros e medio de cauce”, segue contando.

ENCORO

Dende Ríos Con Vida aseguran que hai moitos anos que este tramo de río está completamente seco, agás naqueles momentos nos que o caudal medra tanto que se desborda do pantano de A Capela, xa que “Endesa nunca abre as comportas para abastecer o río”. “Neste último medio século, xamais se ten aberto a comporta da presa, tal e como aseguran os máis vellos do lugar; ademais, é moi significativo que ningún dos gardas vivos da época, nin sequera os ribereños máis anciáns, lembren este tramo de río con auga, a excepcións das moi escasas ocasións nas que se desborda o pantano”, comenta Marc Adkinson.

Para estes ecoloxistas, o perigo seguirá a existir mentres que Endesa continúe a ter a licenza de explotación do río. “Cremos firmemente que foron demasiados os abusos sobre o río e haille que poñer fin a este atropelo; un embalse de Endesa nunhas condicións como as que está, pon en grave perigo ao Eume, á ría de Ares e a todos os que beben das súas augas, tratadas con calcitas e cargadas de materiais pesados”, declaran con alarma. “Mentres tanto, Augas de Galicia, a dirección do Parque Natural das Fragas do Eume e a propia Xunta de Galicia miran para outro lado. A comisión por omisión é o habitual nas administracións públicas, cativas dos sectores económicos”, opina Adkinson.

A diagnose que fan dende Ríos con Vida é moi similar á que fai a Asociación Ecoloxista Galega, Adega. Un dos seus portavoces, Fins Eirexas, destaca que “as obras da autovía foron fundamentais para consumar a contaminación no río”. Non obstante, dende Adega non as teñen todas consigo ao respecto da denuncia que os seus compañeiros interpuxeron contra Endesa e que xa foi aceptada a trámite. “Hai aproximadamente dous anos, fixemos un estudo sobre a situación do Eume e do encoro da Capela; estaba claro que a central das Pontes estaba a botar gran número de sedimentos ao río. Trasladámoslle todas as conclusións á Fiscalía Ambiental, deixando claro que o Eume estaba en grave risco ambiental, non obstante finalmente non nola admitiron a trámite”.

Para Eirexas, a situación do río é fondamente preocupante. “Neste momento, está peor que hai vinte anos, iso está claro”, sentenza.


lunes, 11 de octubre de 2010

Golpe de Estado da prensa

Oito mortos e 279 feridos son demasiadas vítimas para un conflito por remuneracións na policía, pero non sería a primeira vez que unha disputa laboral acaba coa vida de varios activistas.

Facendo un seguimento da prensa latinoamericana, atópanse tres liñas interpretativas do acontecido: A primeira fala dunha simple reclamación salarial diante da que o presidente Rafael Correa se plantou perdendo os papeis, provocando, desabotoando a camisa para brindarse a ser sacrificado polos amotinados. Esta versión percorre boa parte da prensa conservadora do continente.

Nesta mesma liña, pero dando un paso adiante, insisten medios da mesma tendencia, e voceiros de partidos conservadores da rexión, profusamente difundidos en España, que afirman que estamos diante dun autogolpe, forzado por Correa, cun guión escrito con antecedencia para catapultar a súa figura nun momento crítico de alta crispación no país andino. Resumiríase no titular de El País: “Golpe de Estado segundo Correa”.

Unha entrevista con dous doutores do hospital que atendeu a Correa, publicada neste segmento de prensa, aseguraba que o presidente podería ter marchado do hospital cando quixese, e que mesmo se negou a marchar logo de ser convidado a saír.

Por último, está a percepción dos gobernos sudamericanos, que a través de UNASUR expresaron o seu rápido e inequívoco apoio a legalidade democrática e ás autoridades elixidas polo pobo ecuatoriano, vacinándose diante de calquera posibilidade de golpe de Estado.

Na equidistancia situáronse a maioría dos grupos mediáticos dos países desenvolvidos, que teñen vinculacións empresariais con grupos de comunicación locais, case sempre posicionados contra os procesos de cambio que hai na maioría dos países do continente.

Pero, se amais da insurrección duns asalariados da policía descontentos, acontece que a forza aérea se suma á revolta, toma o aeroporto internacional e o aeródromo utilizado para vos nacionais, colocando barricadas nos accesos.

Se os opositores do partido da Sociedade Patriótica liderada por Lucio Gutiérrez, (antigo protexido de Hugo Chávez) se botan á rúa para pedir a dimisión do presidente e tomar pola forza a Canle da Televisión Pública, e diante do seu fracaso, tentan cortar o sinal ou o subministro eléctrico.

Se os partidarios da legalidade que saen a rúa para defender a democracia son recibidos a tiros como aconteceu cun dos mortos, o estudante de Economía Juan Pablo Bolaños, de 24 anos.

Se durante a crise non se permitiu a entrada dos deputados gobernamentais no Parlamento, e tan só tiñan liberdade de acceso os opositores, quen reunidos pediron preventivamente unha amnistía para todos os amotinados en armas.

Se o presidente cando decide saír do Hospital, acochado na parte traseira da furgoneta, é recibido con balas que impactaron no seu auto, custodiado por militares leais.

Se entre os militares que o protexían na saída do recinto hospitalario houbo 27 feridos de bala e dous mortos. A perda da vida do cabo Froilán Jimenez puidemos vela en directo polas retrasmisións da Televisión que abriron os telexornais de todo o mundo.

Se o 20 de outubro entraba en vigor o artigo 312 da constitución ecuatoriana que prohibe a duplicidade accionarial en grupos financeiros e grupos mediáticos, tendo esta data como límite para optar entre as dúas actividades empresariais. Un dos máis afectados foi Fidel Egas, propietario do Banco Pichincha e de Teleamazonas, persoa moi activa nas críticas ao goberno de Correa.

Se todos puidemos ver as imaxes de Telesur, outra vez decisivas como en Honduras, para levantar acta notarial da barbarie que tivo o país en vilo, que non admite ningún tipo de interpretación.

Se outros países da rexión que teñen gobernos que lideran procesos de cambio sufriron intentos de golpes de Estado nesta década: Venezuela no 2002, Bolivia no 2008, Guatemala, Paraguai e Honduras no 2009, a hipotése dun novo golpe non é estraña.

O relatorio de todos estes feitos semella situarnos lonxe dunha mera reclamación salarial, e máis lonxe aínda dun autogolpe. Todo encaixa mellor dentro do que é un golpe de Estado do Seculo XXI, onde os militares xa non toman o poder, tan só se producen “procesos de destitucion”. Os golpes de estado no seculo XXI, son negados, especialmente polos protagonistas.

Diante dun Golpe de Estado non pode haber equidistancias, nin demoras, nin dúbidas. Aínda que haxa quen tente reescribir a historia das involucións. Nun xornal de ampla tirada en España recollía así a liberación do recinto sanitario: “Un violento dipositivo militar ao servizo do presidente o sacou a Correa do Hospital, provocando disparos cruzados cos policías que estaban asentados na zona”.

Ecuador demostrou que cada vez van ser máis necesarias as fontes orixinais e máis prescindíbeis as noticias interpretadas.

miércoles, 6 de octubre de 2010

Carta dun alumno catalán a Telemadrid


Escribo esta carta para Telemadrid, espero que la lean y se pongan en mi lugar (sé que no va a ser así). Les hablo en castellano para que me entiendan con facilidad y no se tengan que esforzar en usar un traductor.

He visto su documental llamado 'Ciudadanos de segunda' ¿y saben qué? Me han hecho llorar. Suena penoso, ¿no? Me da igual, no tengo reparo en mostrar mis sentimientos.

Les contaré, me llamo Arnau, soy de un pueblo de 'la Anoia' (provincia de Barcelona) llamado Capellades, de unos 5000 habitantes, he sido escolarizado toda mi vida en la escuela pública, donde nunca he destacado y siempre he ido justo a la hora de pasar cursos, llegando a repetir 1º de bachillerato. Actualmente estoy cursando 2º del ya dicho curso, tengo dieciocho años. Sin embargo, me considero plenamente capaz de presentarles ya sea verbalmente o escrita cualquier tipo de argumentación en su lengua.
Y no solo me atrevo a decirles esto, sino que también me atrevo a decirles que desconozco cualquier persona que no sea capaz de hacerlo. También me considero capaz de hablarles con suma facilidad en su lengua, me siento capaz de sentarme delante de ustedes y expresarles en castellano mis sentimientos con toda facilidad.

La supuesta discriminación que he sufrido en la educación catalana, me permite saber un idioma más que ustedes y utilizar el suyo en su máximo nivel, no tengo nada que envidiar a una persona de mi edad que resida en Madrid y se lo digo por experiencia.

¿Se creen que no soy capaz de leer el Quijote? Lo he leído, es más, hace dos años, a los 16. ¿Me creen incapaz de leer El Lazarillo de Tormes o 'la Celestina'? Se equivocan. ¿Creen que no me gusta Lorca? ¿Creen que no me gusta Machado? Se equivocan. ¿Creen que el castellano es una lengua extraña para mí? ¡Pero si es mi segunda lengua!, la domino a la perfección; ¡leo libros en castellano desde siempre!; de hecho, desde primero de ESO estoy obligado a leer tres libros de castellano por año y en primaria también tenía que leer uno por año, además, mi bachillerato incluye una asignatura llamada Literatura Castellana. Pero también leo por iniciativa propia en castellano, en mi tiempo de ocio me he leído todas las novelas de Harry Potter en castellano.

No soy de mente cerrada, la diversidad bien entendida, en la que una cultura no se come a la otra es un hecho enriquecedor desde mi humilde punto de vista. Yo soy catalán, independentista, de estos malos, como diría Joel Joan o Mikimoto. Les podría meter un rollo de 25 páginas del porque me siento catalán y no español, pero se lo resumiré en una frase:

Porque estamos en el siglo XXI y me da la gana.

¿Qué van a hacer señores? ¿Lo que hizo Felipe V? ¿Lo que hizo Primo de Rivera? ¿Lo que hizo Franco? ¿O a caso estoy manipulando la historia y estas ilustres personas (para ustedes) fueron una eminencia respetando los derechos humanos y la libertad de expresión? No quiero entrar en detalles históricos de cada uno de estos personajes, porque así no me pueden acusar de modificar la historia, como siempre hacen. Todos sabemos que la historia la escriben los vencedores. Por cierto, mi bisabuelo era católico, pero catalanista, lo mató uno de estos tres señores que hicieron lo que ustedes quieren hacer a mi país, destruirlo.

Decirles también, y retomando el hilo anterior, que en mi instituto no todas las asignaturas comunes se hacen en catalán: he hecho, matemáticas, filosofía, literatura, inglés y sociales en castellano, además, en el resto de asignaturas, la mayoría de profesores optan por contestar en el idioma en que se les pregunta, cosa que encuentro totalmente mal ya que creo que a la larga, el castellano acabará sustituyendo el catalán en las aulas, relegándolo, pues, al uso familiar.

Las lenguas son como las especies, hay que protegerlas. La extinción de una lengua, tendría que ser traumática en ojos de cualquier humano (un español, por ejemplo), de lo contrario, este demuestra un racismo lingüístico total, un imperialismo, una poca sensibilidad que creía desaparecida del ciudadano español.

No hablamos catalán para molestar. Si no mantenemos el catalán vivo, nadie lo va a hacer por nosotros, nos vemos con esta obligación moral. ¿Racistas, nosotros? En absoluto, acogemos a todo el mundo que no quiera destruir nuestra cultura imponiendo la suya, me da igual que vecino tenga, pero que respete el estatuto de la escalera y si no lo hace, si busca destruir mi escalera, le pediré con toda la educación del mundo que se vaya. Los catalanes no podemos ser racistas, nuestras raíces son mestizas al 100% y orgullosos, si señores, estoy orgulloso de la inmigración andaluza de los 60, orgullosísimo, la mayoría de mis amigos tienen raíces andaluzas, pero ellos se consideran catalanes y lo son tanto como yo, sin lugar a dudas...

Además, ¿como nos pueden considerar racistas si tenemos como presidente un hombre de origen andaluz y con mucha dificultad para hablar el catalán?, ¿seria el caso a la inversa posible en Andalucía o Madrid? No lo entiendo. Los racistas son ustedes, que quieren imponer su pensamiento en un lugar ajeno, considerando pues, el pensamiento de la gente de este lugar, inferior y menos válido, creando una discriminación evidente entre personas, que se puede tachar, pues, de racista.

Espero que lean mi carta, la he hecho rápido, desordenada y no he hecho un esquema previo como mi profesora de castellano dice. Espero que sepan leer entre líneas. Que sepan ustedes, que las lágrimas que me han hecho derramar riegan mi conciencia, que reside abierta y con ansias de libertad para mi pueblo. 'Ladran, luego cabalgamos', como se dice en castellano.


Les dejo con una frase en catalán, como en su documental:

Que les meves llàgrimes de ràbia ofeguin la vostra ignorància
GADES

sábado, 2 de octubre de 2010

Discurso de Paul Auster

Non sei por que me dedico a isto. Se o soubese, probablemente non tería necesidade de facelo. O único que podo dicir, e diso estou completamente seguro, é que sentín tal necesidade desde os primeiros tempos da miña adolescencia. Refírome a escribir, e en especial á escritura como medio para narrar historias, relatos imaxinarios que nunca sucederon niso que denominamos mundo real. Sen dúbida é unha estraña maneira de pasarse a vida: encerrado nunha habitación coa pluma na man, hora tras hora, día tras día, ano tras ano, esforzándose por encher unhas cuartillas de palabras con obxecto de dar vida ao que non existe?, salvo na propia imaxinación. E por que se empeñaría alguén en facer unha cousa así? A única resposta que se me ocorreu algunha vez é a seguinte: porque non ten máis remedio, porque non pode facer outra cousa.



Esa necesidade de facer, de crear, de inventar é sen dúbida un impulso humano fundamental. Pero con que obxecto? Que sentido ten a arte, e en particular a arte de narrar, no que chamamos mundo real? Ningún que se me ocorra; polo menos desde o punto de vista práctico. Un libro nunca alimentou o estómago dun neno famento. Un libro nunca impediu que a bala penetre no corpo da vítima. Un libro nunca evitou que unha bomba caia sobre civís inocentes no fragor dunha guerra. Hai quen cre que unha apreciación entusiasta da arte pode facernos realmente mellores: máis xustos, máis decentes, máis sensibles, máis comprensivos. E quizá sexa certo; nalgúns casos, raros e illados. Pero non esquezamos que Hitler empezou sendo artista. Os tiranos e ditadores len novelas. Os asasinos len literatura no cárcere. E quen pode dicir que non gozan dos libros tanto como o que máis?

Noutras palabras, a arte é inútil, polo menos comparado con, digamos, o traballo dun fontaneiro, un médico ou un maquinista. Pero que ten de malo a inutilidade? Seica a falta de sentido práctico supón que os libros, os cadros e os cuartetos de corda son unha pura e simple perda de tempo? Moitos o cren. Pero eu sosteño que o valor da arte reside na súa mesma inutilidade; que a creación dunha obra de arte é o que nos distingue das demais criaturas que poboan este planeta, e o que nos define, no esencial, como seres humanos. Facer algo por puro pracer, pola graza de facelo. Pénsese no esforzo que supón, nas longas horas de práctica e disciplina que se necesitan para ser un consumado pianista ou bailarín. Todo ese traballo e sufrimento, os sacrificios realizados para lograr algo que é total e absolutamente? inútil.

A narrativa, con todo, áchase nunha esfera un tanto diferente das demais artes. O seu medio é a linguaxe, e a linguaxe é algo que compartimos cos demais, común a todos nós. En canto aprendemos a falar, empezamos a sentir avidez polos relatos. Os que sexamos capaces de rememorar a nosa infancia lembraremos a ansia con que saboreabamos o conto que nos contaban na cama, o momento en que o noso pai, ou a nosa nai, sentaba na penumbra xunto a nós cun libro e líanos un conto de fadas. Os que somos pais non teremos dificultade en evocar a embelesada atención nos ollos dos nosos fillos cando lles liamos un conto. A que se debe ese fervente desexo de escoitar? Os contos de fadas adoitan ser crueis e violentos, describen decapitacións, canibalismo, transformacións grotescas e encantamentos maléficos. Calquera pensaría que eses elementos encherían de espanto a un crío; pero o que o neno experimenta a través deses contos é precisamente un encontro fortuíto cos seus propios medos e angustias interiores, nunha contorna no que está perfectamente a salvo e protexido. Tal é a maxia dos relatos: poden transportarnos ás profundidades do inferno, pero en realidade son inofensivos.

Facémonos maiores, pero non cambiamos. Volvémonos máis refinados, pero no fondo seguimos sendo como cando eramos pequenos, criaturas que esperan ansiosamente que lles conten outra historia, e a seguinte, e outra máis. Durante anos, en todos os países do mundo occidental, publicáronse numerosos artigos que lamentan o feito de que se len cada vez menos libros, de que entramos no que algúns chaman a ?era posliteraria?. Poida que sexa certo, pero de todos os xeitos non diminuíu por iso a universal avidez polo relato. Á fin e ao cabo, a novela non é o único venero de historias. O cinema, a televisión e até os cómics producen obras de ficción en cantidades industriais, e o público continúa tragándollas con gran paixón. Iso débese á necesidade de historias que ten o ser humano. Necesítaas case tanto como o comer, e sexa cal for a forma en que se presenten ?na páxina impresa ou na pantalla de televisión?, resultaría imposible imaxinar a vida sen elas.

De todos os xeitos, no que respecta ao estado da novela, ao futuro da novela, sinto bastante optimista. Falar de cantidade non serve de nada cando nos referimos aos libros; porque non hai máis que un lector, só un lector en todas e cada unha das veces. O que explica o particular influxo da novela, e por que, na miña opinión, nunca desaparecerá como forma literaria. A novela é unha colaboración a partes iguais entre o escritor e o lector, e constitúe o único lugar do mundo onde dous estraños poden atoparse en condicións de absoluta intimidade. Paseime a vida establecendo conversación con xente que nunca vin, con persoas que xamais coñecerei, e así espero seguir até o día en que exhale o meu último alento.

Nunca quixen traballar noutra cousa.