viernes, 2 de julio de 2010

Bienal de Pontevedra




A Bienal de Pontevedra 2010 chega á súa trixésimoprimeira edición. Nesta ocasión estará dedicada ós países de Centroamérica e do Caribe e titularase UT(R)ÓPICOS. Con esta palabra quérese unir os conceptos de utopía e trópicos para subliñar a conexión entre un espazoxeográfico, que a historia asociou ó paradisíaco, e os proxectos de transformación, emancipación e modernidade que desde ese espazo se produciron.

É unha Bienal na que se continúa unha liña seguida en edicións anteriores sobre o multiculturalismo e o diálogo interterritorial, superador de visións localistas, que ofrece un novo discurso da nosa provincia e que pretende resaltar o papel que Pontevedra tivona historia e ten na actualidade como o de auténtica ponte de culturas e de civilizacións.

Debemos destacar a importancia e a diversidade de Centroamérica e o Caribe e, sobre todo, a transversalidade da Bienal de Pontevedra 2010 en canto á relación de Galicia cos citados países. A Bienal será unha produción en diálogo para dar visibilidade a esta zona xeográfica e á súa interrelación coanosa Comunidade.

A Bienal de Pontevedra 2010 artellarase en varias microexposicións:

* Ida e volta, que se erixenunpercorrido polo contexto histórico-artístico dos países da área en relación con Galicia, a través de artistas como Castelao, Arturo Souto, Maruja Mallo ou Eugenio Granell, entre outros.
* el aguacero, la siesta, el cañaveral, el tabaco, unhamostra de temas asociados ó traballo e á economía (as plantacións, o azucre, o bananeiro, a república bananeira, etc.), á pegada das revolucións de Cuba e Nicaragua, ós discursos postcoloniais, etc.
* Migracións-Mirando ó Sur, un proxecto expositivo producido polaAxencia Española de Cooperación sobre o tema da emigración.
* Friccións, un apartado no que se suscita un diálogo entre os fondos da colección histórica do Museo de Pontevedra e os artistas e obras contemporáneas.
* Arquivacción, unha exposición que suscita un percorridopola performance que tivo un gran desenvolvemento en toda a zona centroamericana e que ofrece unha reflexión social a través do vídeo documental e fotográfico.
* Tras-misións, nesta sección presentaraseunha selección de artistas novos a partir do traballo formativo desenvolvido por proxectos independentes de carácter educativo e impulsado por artistas locais de traxectoria internacional consolidada. O punto de partida serán as MisiónsPedagóxicas da II República, algúns de cuxos impulsores se exiliaron a América trala Guerra Civil española.

Estas exposicións complementaranse con intervencións artísticas que, en formato instalación, abordarán temáticas relacionadas co medio ambiente e a natureza.

A Bienal de Pontevedra 2010 terá como núcleos expositivos o Museo de Pontevedra, a sede da Deputación en Vigo e a zona portuaria de Vilagarcía de Arousa. Con esta iniciativa quérese abrir a Bienal e o propio Museo de Pontevedra a toda a provincia e a toda a cidadanía.

Quérese tamén que a Bienal, sen perder os seusacenos de identidade e o seu sentido central en torno á pintura, se abra definitivamente a outras manifestacións artísticas como a música, o cine, o vídeo, as performances ou as recreacións artísticas. Porque se pretende que a Bienal de Pontevedra 2010 saia á rúa, se abra, implique á cidadanía e converta a Pontevedra e a toda a provincia nunha permanente manifestación cultural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario