Hoxe pola mañá o Xornal de Galicioa publica que os lexionarios de Cristo admiten abusos sexuais por parte do seu fundador.
Os lexionarios admitiron que o seu fundacor, Marcial Maciel Degollado, abusou sexualmente de seminaristas, tivo unha filla cunha muller e dous con outra, e atrévense a pedir perdon, nada máis.
Pero todos coñecemos o sectarismo que abunda na Igrexa, que cada día da máis noxo e pena.
Pero bueno, tampouco vamos a poñer ao noso nivel unha gran mentira, que é o que é a Igrexa
viernes, 26 de marzo de 2010
miércoles, 24 de marzo de 2010
A hora do planeta
Dentro de dous días celébrase a hora do planeta, convocatoria a nivel mundial.
Moitas cidades do mundo apagarán as luces dos seus edificios máis importantes para sumarse á loita polo cambio do clima e para promover o coidado polo noso planeta. Pero non vale só con que eles o fagan. Cada un de nós debe apagar as luces da súa casa dentro de dous días para comprometerse contra o cambio do clima.
É certo que esta acción está moi ben, pero por que os gobernos só son solidario un día ao ano?
Deixo aquí a pregunta para que reflexionedes...

lunes, 22 de marzo de 2010
GZ NACIÓN É DE GALIZA
Gznación é de Galiza
Sorprende ver con que facilidade se etiqueta neste país e o gusto que hai por facelo. Sirva este editorial para aclarar que as informacións e opinións publicadas no xornal dixital Gznación non están controladas por ninguén. Certamente, e coma calquera publicación, este medio ten unha liña editorial, se ben, non adscrita a ningún partido político e si próxima ao movemento nacionalista galego e aos colectivos afins a el.
Deste xeito, en Gznación caben todos os articulistas, desde o mencionado neste artigo -Francisco Rodríguez- até Maurício Castro ou os tantas veces convidados Carlos Aymerich ou Martiño Noriega, entre outros. Ademais, recóllense informacións de moi diversos colectivos e tense entrevistado a responsábeis de moitos partidos políticos, sexan da tendencia que foren.
Se algo tamén quere lembrar Gznación a respecto desta etiquetaxe como "a páxina da UPG" é que, por exemplo, o medio que recolle a análise referida, La Voz de Galicia, cobra sustanciosas subvencións da Xunta en ningún momento este xornal publicou ningunha información aludindo a que la Voz puidera orbitar arredor do Partido Popular.
Na dita análise lémbrase como exemplo desa afirmación un artigo asinado por Francisco Rodríguez que, serve, segundo se recolle nese texto, para "discrepar abertamente do defendido por outros militantes no consello nacional" do BNG. Ese "durísimo artigo" que na dita análise se cualifica como "contra Beiras" por oporse á fusión das dúas caixas galegas é un máis dos artigos de opinión que se publican no Gznación coa posibilidade de que calquera persoa poida comentar neles ou que o/a os/as aludidos/as poidan pronunciarse ao respecto.
Gznación é un medio comprometido co país que naceu e traballa para dar conta á cidadanía galega das novas que lle afectan en clave de país. Gznación é, polo tanto, unha das moitas voces de Galiza a nivel informativo. Comprometida e libre.
jueves, 18 de marzo de 2010
Farjas e a sanidade
Dende que en marzo de 2009 tomase posesión o penoso goberno Feijoo, comezou a todos os niveis a privatización, ou o intento polo menos, dos servizos públicos.
Menos diñeiro para a educación, apostando pola escola privada, aforro en materiais sanitarios e en medicamentos e investimento de capitais privados nos hospitais.
Pensamos que a sanidade é algo sagrado, pero polo quese ve Mss Farjas non pensa o mesmo.
Por que en ved de aforrar en educación e sanidade non aforran en gastar e ROUBAR cartos á sociedade galega?

domingo, 14 de marzo de 2010
Sobre Cuba
En moitos medios de comunicación escoitamos falar de Cuba, e sobre todo agora, cando certas persoas decláranse en folga de fame, que é máis ben unha folga de infamias.
Hai uns días morreu na Habana un delincuente común, e morreu pedindo luxos na súa celda dun cárcere cubano.
Estase a plantear a situación dos dereitos humanos neste país. Non debemos acomplexarnos nin descalificar a quenes entran nesta dinámica de mentiras e difamacións, mentres ven mentiras no ollo alleo e non no propio.
É curioso reflexionar que Orlando Zapara podería levar fora do cárcere varios meses, pois o goberno de Cuba propuxo o canxeo dos 26 presos tutelados por Amnistía Internacional por 5 cubanos encarcelados nos Estados Unidos.
A pregunta respecto a este tema é facil. Por que hai que mirar a Cuba e preguntarse a situación dos dereitos humanos, cando si que os hai nese país? Por que non se mira a Palestina ou a Irak ou a Afganistan, por que non se mira a Guantánamo e aos vos segredos da CIA?
Certas persoas non poden falar de dereitos humanos cando Cuba leva máis de 40 anos bloqueada, por unha soa razón, por plantarlle cara aos Estados Unidos, cousa que ningún país nin as Nacións Unidas atrévense a facer.
Catro ataques bactereolóxicos a Cuba, intentos multiples de asesinado a Fidel Castro e moitas cousas máis contra o goberno cubano. E como responde Cuba? Prentandolle axuda a Estados Unidos no furacán Katrina, tendo médicos en misións humanitarias en máis de 90 países e sendo os primeiros en chegar a axudar ao pobo haitiano, tendo un sistema educativo público e universal, e unha sanidade para todo o pobo, non como en moitos países “desenrolados”
Cuba non é perfecta, é verdade. A Revolución ten os seus erros, pero ten moitos máis acertos.
O pobo cubano está disposto a defender a Revolución, a SÚA Revolución. O pobo cubano síntese orgulloso de ter un sistema xusto e igualitario, cuns gobernandes que non queren defraudar ao pobo, e que realmente preocúpanse por él. Están orgullosos de ter un goberno seu.

viernes, 12 de marzo de 2010
O decreto da vergoña
Mañá a Xunta de Galiza presenta o anteproxecto do decreto do galego. Absolutamente penoso e denigrante para o noso idioma, que en pleno século XXI dense pasos atrás na defensa da lingua.
Penoso que un goberno que teoricamente é galego tire pedras contra o seu propio tellado, e penoso que o sigan a facer canto teñen á maior parte da sociedade en contra. Todos os sindicatos, todas as organización estudantís e todos os partidos políticos con representación, e sen ela, menos o PP, en contra deste decretazo.
Para non extenderme moito, porque despois de duros días de exames e sendo as 12 e 10 da noite, remítome á un lema da Mesa pola Normalización Lingüística: TEMOS LINGUA PROPIA E QUEREMOS VIVIR NELA.
PD: Non podo deixar de mencionar a terrible morte que sufren as letras coa perda de Miguel Delibes, gran escritor de tantas boas obras

martes, 9 de marzo de 2010
O teatro clásico
Onte fumos cos profesores Paco,Inma e David a ver dúas obras de teatro clásico a Lugo.
Eran Electra e O sorteo de Cásina. Sorprendeume que as dúas obras foran feitas por escolares, e sorprendeume aínda máis o ben que o fixeron nas dúas representacións.
A primeira era unha traxedia, chea de sentimentos e emocións, e a segunda unha comedia moi graciosa e entretida.
Non teño máis que dicir, só volver a repetir que vale moito a pena pagar 10 euros para ir ao festival anual de teatro clásico de Lugo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)