martes, 9 de marzo de 2010

O teatro clásico

Onte fumos cos profesores Paco,Inma e David a ver dúas obras de teatro clásico a Lugo.
Eran Electra e O sorteo de Cásina. Sorprendeume que as dúas obras foran feitas por escolares, e sorprendeume aínda máis o ben que o fixeron nas dúas representacións.
A primeira era unha traxedia, chea de sentimentos e emocións, e a segunda unha comedia moi graciosa e entretida.
Non teño máis que dicir, só volver a repetir que vale moito a pena pagar 10 euros para ir ao festival anual de teatro clásico de Lugo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario