sábado, 27 de febrero de 2010
Corrupión nas Baleares
O presidente das illas, Francesc Antich, dixo que veu acertada a decisión da xa ex presidenta do parlamento.
Parece mentira que un partido como este, baseado tamén na corrupción, pois estas semanas supuxeron o seu destape, de declare nacionalista e ensucie o nome dos demáis partidos nacionalistas que só se financian co diñeiro que dan os seus militantes e a base de operacións legais, non como as súas.
Esperemos que ningún partido "nacionalista" como este volva a aparecer.
miércoles, 24 de febrero de 2010
Rosa Díez insulta aos galegos
É totalmente incleible que no século XXI pasen estas cousas, nun estado teoricamente democrático.
Quen é ela para referirse ao pobo galego con ese termo insultante? Acaso chamámola nos estúpida, inorante, españolista ou idiota? Eu, un galego ofendido, fagoo.
Pero o mellor do asunto: Seguro que con estas declaracións gaña votantes, que país...
lunes, 22 de febrero de 2010
Caída imparable de Xesús Vázquez
Temos este conselleiro de educación dende abril do ano pasado, e o único ao que se adicou é a confrontar á comunicade educativa e a fomentar, co novo decreto do uso do galego, o fracaso escolar, que non era pouco.
Presentaron os últimos días de ano, e ás costas da cidadanía galega este decreto insultante e estúpido que o único que pretende é enfrontar á sociedade, porque ben sabemos que a eles o que pense a xente pasano polo forro.
Tampouco se sabe que será de Anxo Lorenzo, que todo o "prestixio" que podía ter, perdeuno formando parte deste goberno de imbéciles, demagogos e inorantes, como poden ser Farjas, que é tan tontiña que non sabe falar galego, Vázquez, Feijoo ou o maravilloso conselleiro de cultura, que a cultura que ten é ben pouca.
En fin, dentro de 3 anos teremos que sacar moita merda da Xunta.
domingo, 21 de febrero de 2010
A memoria histórica e Garzón
Por que? Pois porque é dos poucos que falan dos temas innomeables neste país, como de memoria histórica. Tamén, a certo grupo de xente, como son os do Partido Popular dalles rabia que os escandalos do seu partido, que se basa na corrupción, saian á luz.
Esta querella a Garzón foi feita polo sindicato ultra dereitista "manos limpias", ao que lle acusa de prevadicación.
En fin, penoso
miércoles, 17 de febrero de 2010
Sube en 11 millóns o ingreso da Igrexa Católica
9 millóns de cidadáns e cidadás donan o seu diñeiro á Igrexa. Si no Estado Español viven 46 millóns de persoas, por que se declara a España como un país católico si só 9 millóns de cidadáns colaboran con eles?
Parece mentira que presumamos de ser un país moderno (mello dito, que presuman os españois), e que logo sexan tan anticuados como hai 30 ou 40 anos.
Por que o diñeiro dos contribuintes que non son crentes tamén vai á Irexa, grazas ao tradado coa "Santa Sede"?
Para finalizar, estaría moi ben poñer 4 ou 5 palabras que fosen sinónimos de Igrexa Católica (en concreto): Mentira, dereita, anti-progreso, asasinos, ladróns... e mellor non sigo.
domingo, 14 de febrero de 2010
Pontevedra terá este ano o sistema WIFI máis amplo de Galicia
Para poder usar este sistema, terase que estar rexistrado e obter unha clave de acceso, aínda que o sistema seguirá a ser gratuito, só se limitará o volume das descargas e o tempo da conexión.
Este é un dato máis a ter en conta de que os gobernos nacionalistas son os únicos que se moven polas novas tecnoloxías e polo benestar dos cidadáns e cidadás.
sábado, 13 de febrero de 2010
Cuiña entra no IGEA
Aquí vemos unha vez máis que aínda hai xente que pode ser de dereitas e galeguista, como desgrazadamente non abunda no PP.
Ante o malestar que poda causar no seu partido, Cuiña dí que é unha organización aberta e que non se molestará (que pouco os coñece)
Esperemos que este dereitista pero galeguista, que hoxe en día son palabras antónimas, faga un bó traballo no Instituto.
viernes, 12 de febrero de 2010
Novas Xeracións está de acordo coa política lingüística do bipartito

Como vemos nesta imaxe que acabo de tomar da páxina web das Novas Xeracións do PP de Galicia, unha maioría aplastante opina que coa política era boa.
Hoxe en día está moi de moda ser un demagogo coa lingua, dicindo que o castelán está en perigo de extinción e que cada un estudará na lingua que queira. Estas asociacións chamadas "bilingües", se de verdade cumplisen o seu cometido, terían que loitar pola normalización de todas as linguas, e por que os que quixeramos vivir en galego en Madrid o puideramos facer.
Parece que non se enteran de que o ESPAÑOL, porque é un idioma de España, non de Galiza, leva impoñéndose dende hai centos de anos, pero claro ,eles fanse as víctimas.
Antes de falar, que aprendan un pouco, que ao fin e ao cabo son uns renegados inorantes.
jueves, 11 de febrero de 2010
As redes sociais
Este mail contiña 6 fotos, as tres primeiras eran dunha rapaza que subira a unha rede social a súa colección de bikinis, e nas 3 restantes saían: Unha cun bikini posto, outra cun burato na cabeza cheo de sangue e outro nunha camilla para que lle realizasen a autopsia.
Non hai máis que dicir.
domingo, 7 de febrero de 2010
Prolingua presenta "55 mentiras sobre o galego"
Este ensaio fala dende a historia das linguas ata as linguas no ensino, na administración, na xustiza....
O libro presentouse en Londres, Lisboa, Bos Aires, Nova York, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Noia, Carballo e así en moitas cidades máis.
En Pontevedra a sala de conferencias de Sargadelos quedou pequena para tanta xente que foi a escoitar a presentación da obra, e como en Pontevedra en moitas cidades máis as salas de conferencias quedaron pequenas.
Esperemos que sirva para desmontar os tópicos que levamos estoitando tanto tempo...
sábado, 6 de febrero de 2010
Anxo Lorenzo contra as cordas
Os mestres sácanlle as cores a Anxo Lorenzo
"Teño a impresión de que non se ten a mesma realidade nos despachos da Xunta que nos centros educativos... Foron vostedes os que iniciaron unha guerra". É unha das opinións dos numerosos docentes que criticaron ante o propio secretario xeral de Política Lingüística o novo decreto do galego.
Aconteceu o pasado 30 de xaneiro no IES 'As Fontiñas' de Santiago de Compostela, onde Anxo Lorenzo inaugurou as Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística. Despois do acto, e nun turno de preguntas, moitos dos docentes tomaron a palabra para denunciar que non se lles tivo nada en conta na elaboración dun decreto que consideran lesivo para o sistema educativo galego.
Así, criticaron a disminución do ensino en galego e, sobre todo, a liberdade de elección lingüística dos alumnos. "Hai un informe do Consello Consultivo de 2007 que di que os rapaces poden utilizar a lingua que queiran nas aulas", respostou Lorenzo. "Si, e hai unha senteza xudicial que o considera ilegal", retrucoulle outro docente.
Non obrigar aos alumnos
O secretario xeral insiste; "nese punto do decreto non se anima a que se utilice o galego ou o castelán segundo se pete". "Pero como imos e evaluar as competencias lingüísticas dun alumno se sempre fala a lingua que lle peta?", insiste unha docente.
Lorenzo parece pasar momentos de embarazo e volve defender o decreto. "A idea de que unha materia que se imparte nunha lingua pero se poida falar noutras, ímolo a manter, e tamén no caso da lingua estranxeira. Obviamente non se lle pode obrigar a falar esa lingua estranxeira". Producese un gran barullo na sala e o secretario xeral tenta remendar "o alumno non vai interactuar nunha aula de música de inglés en inglés, creo".
Aprender as linguas oficiais
As respostas non se fan agardar. "Primeiro terá que ter competencia en galego e español e logo en inglés, non?, afirma unha docente. "Teño a impresión de que non se ten a mesma realidade nos despachos da Xunta que nos centros educativos. Eu convidoos a compatir en calquera dos nosos centros, no meu do Morrazo, por exemplo, e como hai familias galegofalantes que lles falan aos fillos en castelán e veñen ao centro e xa che din que os pais lles dixeron que poden utilizar a lingua que queiran... Iniciaron unha guerra nalgo que estaba tranquilo", engade unha segunda baixo unha forte ovación.
Con todo, e a pesar deste intercambio de pareceres, a Xunta difundiu, para referirse a ese evento, que Lorenzo incidiu na importancia de crear estratexias de dinamización para promover o galego nos centros educativos. Este video amosa a outra versión.
miércoles, 3 de febrero de 2010
Peto por Haiti no IES Xunqueira II
Ademáis, za se está traballando na elaboración dun mural solidario na entrada do instituto, no que tanto docentes como alumnado poden participar.
Animamos a todo o que o desexe a achegarse e realizar unha axuda para os máis necesitados.
martes, 2 de febrero de 2010
Sobre a educación
O sistema educativo de España, é dos peores do mundo, e para que negalo, é unha autentica basura.
O estudantado sacaría as mesas notas indo ou non a clase, porque o único que se fai é escoitar como un señor ou señora solta o discurso, pero grazas a Deus que non todos os profesores son así, e aínda quedan docentes normais e innovadores.
Hai unha gran falta de interese no alumnado, pois a maior parte creen que os profesores e os colexios só sirven para amargarlle a vida.
Mentres esa concepción da educación e as súas bases, as súas materias e a súa maneira de ensinar non cambie, mal vamos...
Poderosa mente, de Bernabé Tierno
animaba aos lectores a optimizar as súas vidas, con Poderosa mente explícalles como funciona o pensamento e
como o poden cambiar para alcanzar unha vida plena. As nosas neuronas teñen un patrón de comportamento. Ao longo dos anos aprenderon a discorrer por unhas autoestradas mentais xa establecidas. Unhas conéctanse con outras a través de impulsos eléctricos e cada impulso eléctrico provoca unha reacción química, é dicir, unha catarata de hormonas que alaga o noso corpo mandándonos ordes de benestar, pracer, medo, etc. Pois ben, segundo os máis recentes estudos, o noso cerebro vólvese adicto a estas reaccións químicas e obriga ao noso pensamento a percorrer sempre os mesmos itinerarios neuronais, de forma que unha e outra vez, teña a súa descarga de química
positiva ou negativa que ademais, influirá na nosa saúde. Todos coñecemos persoas que discorren habitualmente polo lado negativo da vida. Ese é o hábito da súa mente, o itinerario que as súas neuronas aprenderon e gravaron. O problema é que cando estes hábitos fannos segregar unha e outra vez sustancias negativas para a saúde física e mental, o noso corpo e a nosa mente acaban enfermando. Poderosa mente axúdanos a tomar o control do noso cerebro: como é?, como funciona?, como podo reeducar o meu pensamento? Cando aprendemos como creamos os malos hábitos mentais, podemos romper a cadea e empezar unha vida en positivo.