sábado, 29 de mayo de 2010

As polémicas medidas

É un tema de actualidade na televisión, prensa e radio as medidas neoliberais do goberno fronte a crise.
Hai uns días resumís brevemente as medidas tomadas polo executivo, pero hoxe subliñarei unha, a baixa do salario dos funcionarios.
Esta medida conxelará este ano o salario dos funcionarios e baixará os mesmos un 5% no 2011.
Non só é unha medida no soldo final do traballador, senón que se rebaixa o soldo base, os trienios e todos os demáis complementos. Parece que o maravilloso presidente que temos, non se da conta de que hai funcionarios que cobran 1000 ou 1500 euros, e que outros que levan 25 anos traballando, por exemplo, xente que tivo que facer a súa carreira (no ensino) e sacar as súas opisicións, perderá unos 200 euros de salario, que claramente ao presidente non lle fan falta, pero a moita xente sí.
Por que non baixan os salarios do profesores de relixión? Por que non baixan os salarios da escola concertada? Por que non lle quitan as subvencións millonarias á Igrexa Católica? Por que non lle quitan máis aos que máis teñen e pagan a crise os que a orixinaron (a banca). Claramente e sen volta de folla, estas medidas son inxustas, e só benefician aos que teñen máis diñeiro, non ao pobo traballador, que socialismo máis utópico, non?

domingo, 23 de mayo de 2010

E aprobouse o decretazo

O novo decreto que regulará as linguas na educación aprobouse. Aprobouse de espaldas á sociedade, nun xesto autoritario e de ignorancia do penoso goberno da Xunta que temos.
Non entendo como pode existir xente tan inepta que poida querer sacar o galego das escolas, proceso que levou tantos anos conseguir.
Non quero extenderme moito, deixo unha frase de Mercedes Peón para rematar:

O galego que non fala a lingua da súa terra non é merecente dela, non sabe o que ten de seu

domingo, 16 de mayo de 2010

Mañá manifestación a prol do idioma

Mañá é o día. 17 de maio. O día en que os galegos e galegas amosan o seu amor ao seu idioma. Espero realmente que as rúas de Santiago se ateiguen de xente defendedora do galego.
Animo dende este espazo a que todos os que o leades vaiades a esta convocatoria tan importante; se tendes cousas que facer, por unhas horiñas non pasará nada, non?
Aprobeitando que escribo sobre a manifestación de mañá, quero dar as grazas a Fran Rei por asistir un ano máis á Xunqueira para falar da masacre que está a sufrir o noso idioma.

viernes, 14 de mayo de 2010

As medidas de Zapatero

O mércores pola tarde coñecimos as medidas para acelerar a redución do déficil, presentadas polo presidente Zapatero no Congreso.
Parece mentira que un goberno denominado "socialista" faga reducións nunca vistas na democracia, reduza o gasto social e tire por terra o pouco que fixeron durante estes anos.
Deixovos aquí o resumo que fixen destas medidas:

1)Sector público: Redución das retribucións de persoal do sector público nun 5% e conxelación das mesmas no 2011. Redución do 15% do salario aos membros do goberno

2)Revalorización das pensións: Suspensión da revalorización das pensións

3)Xubilación parcial: Eliminación do réxime transitorio para a xubilación parcial

4)Axuda de 2500 euros: Eliminación da prestación por nacemento de 2500 euros

5)Redución do número de medicamentos á venda: Redución das unidades dos envases e incluso vender unidosis

6)Eliminación da retroactividade: Ata o momento, cando se pedían axudas de dependencia, retribuíase o tempo de espera, antes de que lle prestaran os servizos que necesitaba. Agora esto elimínase.

7)Axuda oficial ao desenrolo: Redución de 600 millóns de euros

8)Inversión pública: Redución de 6045 millóns de euros

9)CC.AA e Concellos: Redución de 1200 millóns de euros máis ou menos

martes, 11 de mayo de 2010

O fin do novo laborismo

Hoxe dimitiu o primeiro ministro británico, Gordon Brown, e o gañador das eleccións David Cameron entrevistouse coa raiña Isabel II para pedirlle a autorización para formar goberno.
Con este feito acaba a estapa laborista no poder, iniciada en 1997.
Dende que Blair entrou na Guerra do Irak, moita xente pensamos que pouco lle quedaría a ese goberno, de "CENTRO esquerda", por non decir centro dereita, no poder.
Durante a campaña elecotoral e ao ver que ían perder as eleccións fixeron o peor que se pode facer nun caso así; tirar de ex presidente. Ala chegou Blair, bronceado como un vello en Benidorm e con pinta de importarlle pouco os problemas do pobo.
A verdade é que non me afectou moito esta noticia, pois que mais da laboristas que conservadores, se son a mesma basura?

Por último digo a frase que tanto tempo levo esperando poder dicir: Por metervos onde non vos chamaban e gobernar como dereitistas (aos laboristas refírome), "alégrome" da victoria conservadora e do castigo dos votantes ingleses.

sábado, 8 de mayo de 2010

Feijoo nega o estatuto de nación de Galiza

Logo de que o presidente do PP ourensán dixera nun acto no que se encontraba o propio presidente da Xunta, que espera que nesta lexislatura o novo estatuto quede aprobado, pouco despois nun acto con cargos públicos do PP, Feijoo comentaba que non haberá estatuto para Galiza antes de que se aprobe o de Catalunya, e neste caso, non teremos un estatuto de nación.
Quen é vostede para negarlle ao noso país a súa nacionalidade? Ah, si, un presidente inepto e incompetente, que leva recibindo avisos da sociedade galega contras as súas políticas dende fai un ano e que (esperemos) perderá as próximas eleccións, e nese momento, vostede a a panda de ladróns e ineptos imbéciles que ten no seu goberno, terán que saír da Xunta.

sábado, 1 de mayo de 2010

1º de maio

Hoxe conmemorouse en todo o país (principais cidades) e no exterior (Madrid, Barcelona...) o Día do Traballo, coñecido popularmente como o 1º de maio. Neste día o pobo reivincica os seus dereitos como traballadores e mostra unha vez máis a súa unión e confraternidade.
Remontámonos ao século XIX para explicar o xurdimento deste día. Foi a II Internacional, a que o 1º de maio de 1890 convocou unha masiva manifestación para manifestar e facer ver a unión dos traballadores fronte ao explotadores burgueses. En España, vimos como “sindicatos” manifestáronse en Madrid conxuntamente, como CCOO ou UGT.
Si, poño sindicatos entre comiñas, pois un sindicato defende os dereitos dos traballadores e traballadoras, pero eles adícanse máis a seguir ao Goberno en todo o que fai sen importarlle o pobo traballador, iso son sindicatos de clase?
En Galiza, o maio sindicato, a CIG convocou en todas as cidades galegas manifestacións ás que acudiu un gran número de xente, onde víamos á xente máis humilde e traballadora, pois eles están cos que realmente defenden os deus dereitos.
En Pontevedra, CCOO non asistiu con UGT este ano, e víamos unhas 50 persoas concentradas na Praza da Ferrería, e detrás deles, media hora máis tarde, nunha manifestación en solitario, miles de persoas apoiaban á Confederación Intersindical Galega unha vez máis, onde se fixo notar o apoio do pobo.
Outro día falarei do penoso goberno “”””socialista””””, e aquí poño maís comiñas, porque a eles de socialistas quédalles o nome.
Oxalá non siga perdendo significado A Internacional, que cinicamente cantaban CCOO e UGT en Madrid, oxalá...