domingo, 11 de marzo de 2012

Un novo proxecto

Hoxe nace un novo proxecto. Un proxecto que pretender ser o motor da sociedade e que quere cambiar a realidade do noso país, pero contando con todos os cidadáns e cidadás.
Moita xente se pregunta que por que motivo marchamos do BNG, que non serán tantas as diferenzas que nos separan. Na miña opinión, non son moitas as razóns ideolóxicas, xa que tanto eles coma nós somos de esquerdas e nacionalistas. A diferenza é a maneira de actuar seguindo estes principios.
Non é momento de atacar ao BNG, nin moito menos, pois foi a nosa casa ata hai moi pouco, e non son o noso inimigo.
O BNG leva perdendo votos dende o ano 2001, e non pode ser que con 180.000 votos nunhas eleccións estatais podamos darnos por "moderadamente satisfeitos". Non podemos aspirar a ser unha forza minoritaria e que cada vez representa a menos galegos e galegas. Temos que conseguir unir ás personas que queren a Galiza e que sinten unha preocupación pola mala situación que vive a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa terra. Todo isto sen esquecer o noso pensamento de esquerdas e de compromiso social, por suposto.
Hoxe comeza un novo capítulo da historia do nacionalismo galego, e estou seguro de que con esforzo e ilusión, poderemos contar coa axuda de moitísimos cidadáns e cidadás que, coma nós, só están movidos por un interese, o de mellorar o noso país e levalo ao lugar onde debe estar.

domingo, 25 de diciembre de 2011

A "esquerda" e o poder

Como era previsible, no PSOE xa empezaron a learse a mamporros, o cal é moi saudable despois de anos de asentimientos, genuflexiones e silencios. As primeiras hostilidades desatáronse a través de dous manifestos, o último dos cales, asinado por altos cargos de Moncloa, Fomento e Interior, entre outros, é unha laudatoria a Zapatero ao estilo das oracións fúnebres que improvisaban os antigos gregos tras as súas batallas para animar aos vivos co eloxio aos mortos. O seu resumo viría ser algo tan excesivo como o seguinte: a culpa é de todos; o mérito, de José Luís.

Salvo que se queira emular a Juana a Tola e perder o tempo paseando o cadáver político do defunto, os socialistas están obrigados a unha autocrítica descarnada. Con Chacón e os seus partidarios, autores do primeiro manifesto, só se pode coincidir cando afirman que ao PSOE non llo levou por diante só a crise, senón tamén a súa viraxe ideolóxica e a súa reincidencia en facer recaer o peso dos recortes nos máis débiles. Outra cousa é a indulxencia que manifestan sobre o seu propio comportamento: non foi a lealdade mal entendida o que lles fixo calar sobre estes desatinos senón o seu propio interese en conservar o posto. De ser outros os resultados electorais, hoxe non falarían de erros senón de alta política.

Con distintos protagonistas, esta película xa se viu varias veces. A derrota dá paso a unha volta ás raíces, a esa socialdemocracia que fai as veces de nai comprensiva e dá consolo ao neno que acaba de partirse a crisma coa bicicleta. Ao chegar ao poder, todo esquécese. Abrázase o liberalismo coa paixón dun adolescente no asento traseiro dun coche e á nai resérvaselle praza nunha residencia da terceira idade para que faga calceta con outras avoas.

Este constante ir e vir do corazón aos asuntos, que diría Miguel Hernández, empeza a resultar moi pousado para uns electores, aos que lles gustaría saber se só se pode ser de esquerdas na oposición. Sería bo aclararllo para que logo non se fagan ilusións.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Cajal, fotógrafo

“El primer conocimiento que tuvo Cajal de la fotografía, aun cuando fuese el de un principio físico --el de la imagen reflejada en un cuarto oscuro-- que inspiró todo el desarrollo posterior de este invento, fue debido a una casualidad ocurrida mientras cumplía un castigo escolar encerrado en un sótano. Allí tuvo la suerte de descubrir un fenómeno físico, el de la cámara oscura, que Leonardo y Jacomo della Porta estudiaron para sus reproducciones perspectivísticas, cuyo hallazgo transcendió para que se iniciase en los rudimentos de la óptica y, en consecuencia, se interesase posteriormente por la fotografía.

Pero la impresión que le produjo la fotografía ocurrió más tarde, en 1868, en la ciudad de Huesca y así lo explica en Mi infancia y juventud: “Ciertamente años antes había topado con tal cual fotógrafo ambulante, de esos que, provistos de tienda de campaña o barraca de feria, cámara de cajón y objetivo colosal, practicaban, un poco a la ventura, el primitivo proceder de Daguerre. (...) Gracias a un amigo que trataba íntimamente a los fotógrafos pude penetrar en el augusto misterio del cuarto oscuro. Los operadores habían habilitado como galería las bóvedas de la ruinosa iglesia de Santa Teresa, situada cerca de la Estación”. [...]

Desde entonces comenzó su afición por el arte de la cámara oscura, ya que dos años después realiza sus primeras fotografías, tal como relata en su obra El mundo visto a los ochenta años: “Practico el arte de Daguerre desde los dieciocho años y conozco todas las tretas, trampantojos y abusos que con ella pueden cometerse. Me son familiares las artimañas del cine. Afirmo, pues, basado en dilatada experiencia, que cuando cae en mis manos inhábiles o sospechosas, no existe método de reproducción más feliz que la fotografía”.

Y él mismo nos esboza su vida fotográfica cuando en la introducción de su libroFotografía de los colores, donde glosa “los encantos de la fotografía”, señala paso a paso su largo recorrido, por más de cincuenta años, a través de los paulatinos descubrimientos fotográficos que fueron sucediéndose en ese periodo tan importante para la historia de la fotografía; y dice así: “En mi larga carrera de cultivador de la placa sensible, he sorprendido todas sus fases evolutivas. De niño, me entusiasmó la placa daguerriana, cuyos curiosos espejismos y delicados detalles me llenaron de ingenua admiración. Durante mi adolescencia aspiré con delicia el aroma del colodión, proceder fotográfico que tiene los irresistibles atractivos de la dificultad vencida, porque obliga a fabricar por sí la capa sensible y a luchar heroicamente con la rebeldía de los baños de plata y la deseperante lentitud de la exposición. Alcancé después el espléndido periodo del gelatino-bromuro de Bennet y V. Monckhoven. Gracias a tan bello invento los minutos se convirtieron en fracciones de segundo. Ya fue posible abordar la instantánea del movimiento, fijar para siempre la velocidad incopiable del oleaje, reproducir la fisonomía humana en sus gestos más bellos y expresivos, sorprenderla, en fin, durante los cortos instantes en que, libre del velo de la infatuación o de la “posse”, la verdadera personalidad del modelo asoma por ojos y labios. [...]

Faltaba todavía alcanzar el soñado ideal, es decir, descubrir medios prácticos para fotografíar los colores, trocando la siniestra visión del buho por la riente visión del hombre. Y este ideal, quimera inaccesible al parecer, se ha realizado al fin”.

sábado, 5 de noviembre de 2011

A alternativa que te defende

Chegans as eleccións ao Parlamento de Estado e chega o momento de elixir quen nos representará en Madrid nos próximos catro anos.
Vemos diferentes propostas de múltiples partidos, e claramente ningunha preocupada pola nosa realidade.
O programa do PP é basicamente facer o que Feijóo está realizando en Galiza, que é recortar e recortar servizos públicos como a sanidade ou a educación. Despois encontramos tamén a proposta estrela de relanzar á economía e crear emprego. Será vendendo empresas públicas como fixo Aznar entre o ano 1996 e 2004. Moita xente non se da conta de que a bonanza económica tan alavada polo PP resultou da venda destas empresas, que a curto prazo deron beneficios, pero moitas pérdidas a medio prazo, ademáis de encontrarnos con moitos menos servizos públicos.
Tamén é curioso ver como o PSOE se modera e volve un pouco, aínda que sexa só por apariencia, aos cauces da esquerda, con propostas que recordan ao comezo de Zapatero ou ao mesmo González no 82.
Tampouco temos que olvidar á famosa Rosa Díez, que se modera un pouco e, polo menos, xa non insulta ás nacions que forman España.
Hai moitas propostas, pero só unha que pode defendernos en Madrid e conseguir que o financiamento público pase por Galiza e se escoite a nosa voz, e esa proposta é a do Bloque Nacionalista Galego.
Nestas eleccións non fai falta ser nacionalista para votar ao BNG, só hai que ter sentido crítico, vendo as intervencións nas Cortes durante os últimos catro anos, nas que é evidente que só dous diputados, Jorquera e Davila traballaron duro, non coma os do PP e PSOE, aos que nin coñecemos.

O 20 sabemos que o PP gobernará, por desgracia España, pero podemos elexir que Galiza teña máis forza e que a nosa voz se siga escoitando, e a poder ser, máis forte

lunes, 18 de octubre de 2010

Ecoloxistas galegos cren que “con Endesa, o río Eume é irrecuperable”

“O Eume xa non é un río con vida; non será hora de pedir e facer cumprir a lei aos responsables?”. Desta forma, a asociación Ríos con Vida denuncia a situación na que se atopa o caudal do Eume. Para os ecoloxistas, o Eume está actualmente convertido nun río con zonas totalmente secas e altamente contaminado. Á hora de poñerlle cara aos culpables non teñen dúbida: a empresa Endesa está no seu punto de mira. “En todos estes anos, cantos millóns e millóns de litros de auga se turbinaron na central de A Capela sen respectar en ningún caso o caudal mínimo do río, enriquecendo as arcas desta empresa, que explota un cauce que todos temos dereito a gozar”, se preguntan dende esta asociación na defensa dos ríos. Tan claro vén dende esta asociación que Endesa non está a cumprir as obrigas que veñen parellas a súa licenza de explotación que o pasado xaneiro interpuxeron unha denuncia contra Endesa que foi admitida a trámite. “Non será a última”, avisan.

A situación de contaminación do Eume non é nova, pero o problema é que moitos pensan que se acaba o tempo. “Se non se pon freo rápido a isto a situación do río pode ser irrecuperable”, alertan dende a Asociación Ecoloxista de Galicia (Adega), que ve responsables da situación tanto a Endesa como á propia Administración, “que mira para outro lado”.

O río Eume nace na serra do Xistral, e baixa ata Pontoibo, lugar onde xa se atopa co primeiro encoro ao que ten que facer fronte. Alí, a presa hidroeléctrica de A Ribeira embalsa 33 hectómetros cúbicos de auga durante un percorrido de cinco quilómetros aproximadamente e abastece de auga o concello de As Pontes e a central térmica de Endesa.

Os ecoloxistas entenden que é xusto desde este punto onde comeza “o secuestro” do río por parte da empresa. “Neste punto é onde se comeza a secuestrar en serio o caudal do Eume para rechear o oco da antiga mina que abastecía a citada térmica e formar un lago artificial que nos últimos tres anos está a arrebatar ao río un caudal indispensable”, explican. Ademais, a isto hai que sumarlle a denuncia que fan diversos grupos ecoloxistas da grave contaminación que supuxo para o río a construción da autovía Ferrol-Vilalba (AG-64).

“Estas obras supuxeron un grave episodio de contaminación xa que botaron ao río gran cantidade de metais pesados, e baixaron moito o ph en toda a conca, coa conseguinte aniquilación de toda a fauna fluvial debido ao tremendo choque ácido”, explica Mark Adkinson, o presidente da sección galega da organización medio ambiental.

Só uns cantos quilómetros máis abaixo, as augas do Eume son retidas no embalse da Capela. “Aquí as augas que quedan volven ser secuestradas por Endesa a través dunhas tuberías que conducen a auga ata a central hidroeléctrica da Capela, secando case por completo ata tres quilómetros e medio de cauce”, segue contando.

ENCORO

Dende Ríos Con Vida aseguran que hai moitos anos que este tramo de río está completamente seco, agás naqueles momentos nos que o caudal medra tanto que se desborda do pantano de A Capela, xa que “Endesa nunca abre as comportas para abastecer o río”. “Neste último medio século, xamais se ten aberto a comporta da presa, tal e como aseguran os máis vellos do lugar; ademais, é moi significativo que ningún dos gardas vivos da época, nin sequera os ribereños máis anciáns, lembren este tramo de río con auga, a excepcións das moi escasas ocasións nas que se desborda o pantano”, comenta Marc Adkinson.

Para estes ecoloxistas, o perigo seguirá a existir mentres que Endesa continúe a ter a licenza de explotación do río. “Cremos firmemente que foron demasiados os abusos sobre o río e haille que poñer fin a este atropelo; un embalse de Endesa nunhas condicións como as que está, pon en grave perigo ao Eume, á ría de Ares e a todos os que beben das súas augas, tratadas con calcitas e cargadas de materiais pesados”, declaran con alarma. “Mentres tanto, Augas de Galicia, a dirección do Parque Natural das Fragas do Eume e a propia Xunta de Galicia miran para outro lado. A comisión por omisión é o habitual nas administracións públicas, cativas dos sectores económicos”, opina Adkinson.

A diagnose que fan dende Ríos con Vida é moi similar á que fai a Asociación Ecoloxista Galega, Adega. Un dos seus portavoces, Fins Eirexas, destaca que “as obras da autovía foron fundamentais para consumar a contaminación no río”. Non obstante, dende Adega non as teñen todas consigo ao respecto da denuncia que os seus compañeiros interpuxeron contra Endesa e que xa foi aceptada a trámite. “Hai aproximadamente dous anos, fixemos un estudo sobre a situación do Eume e do encoro da Capela; estaba claro que a central das Pontes estaba a botar gran número de sedimentos ao río. Trasladámoslle todas as conclusións á Fiscalía Ambiental, deixando claro que o Eume estaba en grave risco ambiental, non obstante finalmente non nola admitiron a trámite”.

Para Eirexas, a situación do río é fondamente preocupante. “Neste momento, está peor que hai vinte anos, iso está claro”, sentenza.


lunes, 11 de octubre de 2010

Golpe de Estado da prensa

Oito mortos e 279 feridos son demasiadas vítimas para un conflito por remuneracións na policía, pero non sería a primeira vez que unha disputa laboral acaba coa vida de varios activistas.

Facendo un seguimento da prensa latinoamericana, atópanse tres liñas interpretativas do acontecido: A primeira fala dunha simple reclamación salarial diante da que o presidente Rafael Correa se plantou perdendo os papeis, provocando, desabotoando a camisa para brindarse a ser sacrificado polos amotinados. Esta versión percorre boa parte da prensa conservadora do continente.

Nesta mesma liña, pero dando un paso adiante, insisten medios da mesma tendencia, e voceiros de partidos conservadores da rexión, profusamente difundidos en España, que afirman que estamos diante dun autogolpe, forzado por Correa, cun guión escrito con antecedencia para catapultar a súa figura nun momento crítico de alta crispación no país andino. Resumiríase no titular de El País: “Golpe de Estado segundo Correa”.

Unha entrevista con dous doutores do hospital que atendeu a Correa, publicada neste segmento de prensa, aseguraba que o presidente podería ter marchado do hospital cando quixese, e que mesmo se negou a marchar logo de ser convidado a saír.

Por último, está a percepción dos gobernos sudamericanos, que a través de UNASUR expresaron o seu rápido e inequívoco apoio a legalidade democrática e ás autoridades elixidas polo pobo ecuatoriano, vacinándose diante de calquera posibilidade de golpe de Estado.

Na equidistancia situáronse a maioría dos grupos mediáticos dos países desenvolvidos, que teñen vinculacións empresariais con grupos de comunicación locais, case sempre posicionados contra os procesos de cambio que hai na maioría dos países do continente.

Pero, se amais da insurrección duns asalariados da policía descontentos, acontece que a forza aérea se suma á revolta, toma o aeroporto internacional e o aeródromo utilizado para vos nacionais, colocando barricadas nos accesos.

Se os opositores do partido da Sociedade Patriótica liderada por Lucio Gutiérrez, (antigo protexido de Hugo Chávez) se botan á rúa para pedir a dimisión do presidente e tomar pola forza a Canle da Televisión Pública, e diante do seu fracaso, tentan cortar o sinal ou o subministro eléctrico.

Se os partidarios da legalidade que saen a rúa para defender a democracia son recibidos a tiros como aconteceu cun dos mortos, o estudante de Economía Juan Pablo Bolaños, de 24 anos.

Se durante a crise non se permitiu a entrada dos deputados gobernamentais no Parlamento, e tan só tiñan liberdade de acceso os opositores, quen reunidos pediron preventivamente unha amnistía para todos os amotinados en armas.

Se o presidente cando decide saír do Hospital, acochado na parte traseira da furgoneta, é recibido con balas que impactaron no seu auto, custodiado por militares leais.

Se entre os militares que o protexían na saída do recinto hospitalario houbo 27 feridos de bala e dous mortos. A perda da vida do cabo Froilán Jimenez puidemos vela en directo polas retrasmisións da Televisión que abriron os telexornais de todo o mundo.

Se o 20 de outubro entraba en vigor o artigo 312 da constitución ecuatoriana que prohibe a duplicidade accionarial en grupos financeiros e grupos mediáticos, tendo esta data como límite para optar entre as dúas actividades empresariais. Un dos máis afectados foi Fidel Egas, propietario do Banco Pichincha e de Teleamazonas, persoa moi activa nas críticas ao goberno de Correa.

Se todos puidemos ver as imaxes de Telesur, outra vez decisivas como en Honduras, para levantar acta notarial da barbarie que tivo o país en vilo, que non admite ningún tipo de interpretación.

Se outros países da rexión que teñen gobernos que lideran procesos de cambio sufriron intentos de golpes de Estado nesta década: Venezuela no 2002, Bolivia no 2008, Guatemala, Paraguai e Honduras no 2009, a hipotése dun novo golpe non é estraña.

O relatorio de todos estes feitos semella situarnos lonxe dunha mera reclamación salarial, e máis lonxe aínda dun autogolpe. Todo encaixa mellor dentro do que é un golpe de Estado do Seculo XXI, onde os militares xa non toman o poder, tan só se producen “procesos de destitucion”. Os golpes de estado no seculo XXI, son negados, especialmente polos protagonistas.

Diante dun Golpe de Estado non pode haber equidistancias, nin demoras, nin dúbidas. Aínda que haxa quen tente reescribir a historia das involucións. Nun xornal de ampla tirada en España recollía así a liberación do recinto sanitario: “Un violento dipositivo militar ao servizo do presidente o sacou a Correa do Hospital, provocando disparos cruzados cos policías que estaban asentados na zona”.

Ecuador demostrou que cada vez van ser máis necesarias as fontes orixinais e máis prescindíbeis as noticias interpretadas.