Despois de ler no ano 2007 a Catedral do Mar, un libro apasionante que conta a historia da Barcelona medieval, comezo o novo libro de Ildefonso Falcones, logo da súa gran fama, acadada co seu primeiro libro, que conseguiu vender máis de catro millóns de copias.
Aquí deixovos a sinopse deste novo libro:
A man de Fátima Ildefonso Falcones de Sierra
O libro relata a apaixonante historia dun mozo morisco na Andalucía do século XVI, atrapado entre dúas relixións e dous amores, en busca da súa liberdade e a do seu pobo. Un relato emocionante que pretende reflectir a traxedia do pobo morisco, agora que se cumpre, en 2009, o cuarto centenario da súa expulsión de España. Unha novela que nos relata a vida e aventuras dun mozo fronteirizo e namorado que nunca se resignou á derrota e loitou pola convivencia das relixións cristiá e musulmá. Ildefonso Falcones arrastra ao lector nun fascinante percorrido por escenarios como as agrestes montañas das Alpujarras -e a guerra que nelas se librou-, así como pola impoñente Córdoba, a antiga cidade califal: coa súa mesquita catedral, a súa vella medina, as súas rúas e o seu bulicio. Unha novela na que os lectores da catedral do mar atoparán a mesma fidelidade histórica, así como un apaixonado relato de amor e odio que arrastra ao seu protagonista polos camiños da aventura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario