Hai unhas horas cheguei da Estrada, o pobo onde viven os meus avós.
A pasada semana rematamos de dar en Economía os diferentes tipos de mercado, onde se encontra o monopolio.
Calquera persoa de calquera idade pensaría que un pobo de 22.000 habitantes e que está a 22 km de Santiago de Compostela, terá uns bós tranportes. Pois resulta o contrario, só hai unha compañía de autobuses, a denominada "La Estradense"
Por se fora pouco non só poñen os prezos que lles veñen en gana, senón que os horarios son pésimos, habendo o sábado dous autobuses a Pontevedra e o domingo UN. Simplemente penoso, penoso que unha Galiza do século XXI, cunha poboación dispersa por toda a nosa xeografía teña unhs tranportes pésimos. Que raro, en Catalunya e en Euskadi (gobernadas por nacionalismos ata hai relativamente pouco) os tranportes son moito mellores.
Pero que nos vamos a esperar, as cousas non cambiaran moito, e menos cun goberno tan inútil e incompetente como este.
Bueno, mañá ao teatro clásico de Lugo, esperemos non estar máis de dúas horas na estrada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario