domingo, 25 de abril de 2010

Os que non queren recordar o seu pasado

Os xornais de cada día falan sobre a imputación do xuíz Garzón por prevaricación, por investigar os crímenes do franquismo. A Falanxe e os “sindicato” Manos Limpias preséntanse como acusación contra o xuíz.
Acusación de que? De investigar as mortes durante a ditatura? De querer investigar o noso pasado? De facer xustiza? De que os familiares dos mortos durante a represión poidan enterrar os seus familiares en paz? Pois de isto acusan nun país “democrático” a Garzón.
Todos falan de que tivemos una Transición modélica; modélica por que? Porque non houbo derramamentos de sangue, porque polo carácter político da mesma non debemos estar moi orgullosos. Falamos dunha transición donde o Xefe do Estado foi posto por Franco, donde os asesinos da ditadura quedaron impunes ante as mortes de tanta xente e onde os cargos militares quedaron no seu posto. Houbo unha reforma moi miuda de todo o que debía cambiar.
E por si fora pouco, vemos a Mariano Rajoy e ao PP decindo que estamos atentando contra a democracia!. Atentaron eles cando nos meteron na Guerra de Irak ou cando converteron España nun estado terrorífico durante 8 anos; Unha vez máis demóstrase a liña ultradereitista do PP ao manifestarse a favor da Falanxe e de Manos Limpias, penoso...
Miran a España os países do estranxeiro, miran a España de forma atónita, con xesto de “susto”. Susto porque creían que este era un país democrático e non pensaban que as cousas puideran ir tan mal, que se acaba investigando aos que queren facer xustiza, en ved dos que mataron a tanta xente.
Esperemos que isto non siga así, pois o pobo xa manifestou que está en contra deste xuicio, con grandes manifestacións en moitas cidades da Galiza e de España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario