viernes, 12 de febrero de 2010

Novas Xeracións está de acordo coa política lingüística do bipartito


Como vemos nesta imaxe que acabo de tomar da páxina web das Novas Xeracións do PP de Galicia, unha maioría aplastante opina que coa política era boa.
Hoxe en día está moi de moda ser un demagogo coa lingua, dicindo que o castelán está en perigo de extinción e que cada un estudará na lingua que queira. Estas asociacións chamadas "bilingües", se de verdade cumplisen o seu cometido, terían que loitar pola normalización de todas as linguas, e por que os que quixeramos vivir en galego en Madrid o puideramos facer.
Parece que non se enteran de que o ESPAÑOL, porque é un idioma de España, non de Galiza, leva impoñéndose dende hai centos de anos, pero claro ,eles fanse as víctimas.
Antes de falar, que aprendan un pouco, que ao fin e ao cabo son uns renegados inorantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario