viernes, 12 de marzo de 2010

O decreto da vergoña

Mañá a Xunta de Galiza presenta o anteproxecto do decreto do galego. Absolutamente penoso e denigrante para o noso idioma, que en pleno século XXI dense pasos atrás na defensa da lingua.
Penoso que un goberno que teoricamente é galego tire pedras contra o seu propio tellado, e penoso que o sigan a facer canto teñen á maior parte da sociedade en contra. Todos os sindicatos, todas as organización estudantís e todos os partidos políticos con representación, e sen ela, menos o PP, en contra deste decretazo.
Para non extenderme moito, porque despois de duros días de exames e sendo as 12 e 10 da noite, remítome á un lema da Mesa pola Normalización Lingüística: TEMOS LINGUA PROPIA E QUEREMOS VIVIR NELA.

PD: Non podo deixar de mencionar a terrible morte que sufren as letras coa perda de Miguel Delibes, gran escritor de tantas boas obras

No hay comentarios:

Publicar un comentario