domingo, 14 de marzo de 2010

Sobre Cuba

En moitos medios de comunicación escoitamos falar de Cuba, e sobre todo agora, cando certas persoas decláranse en folga de fame, que é máis ben unha folga de infamias.
Hai uns días morreu na Habana un delincuente común, e morreu pedindo luxos na súa celda dun cárcere cubano.
Estase a plantear a situación dos dereitos humanos neste país. Non debemos acomplexarnos nin descalificar a quenes entran nesta dinámica de mentiras e difamacións, mentres ven mentiras no ollo alleo e non no propio.
É curioso reflexionar que Orlando Zapara podería levar fora do cárcere varios meses, pois o goberno de Cuba propuxo o canxeo dos 26 presos tutelados por Amnistía Internacional por 5 cubanos encarcelados nos Estados Unidos.
A pregunta respecto a este tema é facil. Por que hai que mirar a Cuba e preguntarse a situación dos dereitos humanos, cando si que os hai nese país? Por que non se mira a Palestina ou a Irak ou a Afganistan, por que non se mira a Guantánamo e aos vos segredos da CIA?
Certas persoas non poden falar de dereitos humanos cando Cuba leva máis de 40 anos bloqueada, por unha soa razón, por plantarlle cara aos Estados Unidos, cousa que ningún país nin as Nacións Unidas atrévense a facer.
Catro ataques bactereolóxicos a Cuba, intentos multiples de asesinado a Fidel Castro e moitas cousas máis contra o goberno cubano. E como responde Cuba? Prentandolle axuda a Estados Unidos no furacán Katrina, tendo médicos en misións humanitarias en máis de 90 países e sendo os primeiros en chegar a axudar ao pobo haitiano, tendo un sistema educativo público e universal, e unha sanidade para todo o pobo, non como en moitos países “desenrolados”
Cuba non é perfecta, é verdade. A Revolución ten os seus erros, pero ten moitos máis acertos.
O pobo cubano está disposto a defender a Revolución, a SÚA Revolución. O pobo cubano síntese orgulloso de ter un sistema xusto e igualitario, cuns gobernandes que non queren defraudar ao pobo, e que realmente preocúpanse por él. Están orgullosos de ter un goberno seu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario