miércoles, 11 de agosto de 2010

Sempre en Galiza

Estes son os que me dicían:
Por que te meteches na política? A política é unha porquería e ti estarías mellor na túa casa.
Son galegos e non conciben que Galiza poida salvarse cunha política honrada. Son galegos e non saben que Galiza necesita unha política súa, para conquerir o desenrolo normal da súa economía. Son galegos e non se decatan da necesidade dunha política que garantice a vida da nosa cultura. Son galegos e non saben que temos un destino histórico que compartir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario