domingo, 11 de marzo de 2012

Un novo proxecto

Hoxe nace un novo proxecto. Un proxecto que pretender ser o motor da sociedade e que quere cambiar a realidade do noso país, pero contando con todos os cidadáns e cidadás.
Moita xente se pregunta que por que motivo marchamos do BNG, que non serán tantas as diferenzas que nos separan. Na miña opinión, non son moitas as razóns ideolóxicas, xa que tanto eles coma nós somos de esquerdas e nacionalistas. A diferenza é a maneira de actuar seguindo estes principios.
Non é momento de atacar ao BNG, nin moito menos, pois foi a nosa casa ata hai moi pouco, e non son o noso inimigo.
O BNG leva perdendo votos dende o ano 2001, e non pode ser que con 180.000 votos nunhas eleccións estatais podamos darnos por "moderadamente satisfeitos". Non podemos aspirar a ser unha forza minoritaria e que cada vez representa a menos galegos e galegas. Temos que conseguir unir ás personas que queren a Galiza e que sinten unha preocupación pola mala situación que vive a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa terra. Todo isto sen esquecer o noso pensamento de esquerdas e de compromiso social, por suposto.
Hoxe comeza un novo capítulo da historia do nacionalismo galego, e estou seguro de que con esforzo e ilusión, poderemos contar coa axuda de moitísimos cidadáns e cidadás que, coma nós, só están movidos por un interese, o de mellorar o noso país e levalo ao lugar onde debe estar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario